Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6343

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

EXTRACTO da Resolución do 12 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR924C).

BDNS (Identif.:) 546035.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidades galegas, coa de centros colaboradores da galeguidade ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades que conten con local social diferenciado do das entidades asociadas.

Segundo. Obxecto

A resolución ten por obxecto conceder subvencións ás entidades galegas no exterior para realizaren os programas seguintes:

– Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.

– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 12 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás entidades galegas no exterior, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR924C).

Cuarto. Importe

Para conceder as subvencións convocadas destinarase un crédito total de 575.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.781.0, Axudas para conservación, obras, equipamentos e infraestrutura das súas instalacións, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración