Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2021 Páx. 6524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO38985 e seis máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de requirimento de emenda das solicitudes as persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo Monelos, ala sur, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de 10 días a partir do día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teranse por desistidos da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da A Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

CO38985

32170294X

Requirimento da emenda da solicitude

26.10.2020

CO196955

53165832K

Requirimento da emenda da solicitude

20.10.2020

CO221299

32417115H

Requirimento da emenda da solicitude

8.10.2020

CO222674

Y3887427G

Requirimento da emenda da solicitude

29.10.2020

CO230502

Y5726772Q

Requirimento da emenda da solicitude

27.11.2020

CO230953

76331088E

Requirimento da emenda da solicitude

6.11.2020

CO230969

32840633Z

Requirimento da emenda da solicitude

9.11.2020