Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 5962

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022 (código de procedemento MR701E).

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) é o instrumento básico de actuación da Xunta de Galicia no fomento e a coordinación do territorio rural galego para mellorar as condicións de vida e contribuír a frear o seu despoboamento.

Dentro dese obxectivo xenérico, e de acordo coas funcións que lle competen, destinadas a reforzar o tecido social e a mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais, así como a dinamizar o tecido produtivo e fixar poboación, cómpre promover accións encamiñadas á execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais.

As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e, por outra banda, contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias, nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E, como toda infraestrutura, precisan dun mantemento e acondicionamento para que poidan seguir cumprindo coas súas funcións.

De acordo coa Lei de bases de réxime local, os concellos exercen competencias propias no relativo ás infraestruturas viarias da súa titularidade. No exercicio das facultades de fomento que competen a Agader, e no marco de colaboración que debe rexer a relación entre administracións públicas, esta entidade consensuou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) os criterios de repartición dos fondos públicos vinculados a esta convocatoria de axudas, a partir dunha asignación fixa por concello, número de entidades de poboación e número de habitantes, e tendo en conta variables vinculadas á superficie, agrariedade, grao de despoboamento e grao de envellecemento. Así mesmo, na repartición dos citados fondos tívose en conta, ademais, o Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, co fin de primar aqueles concellos que foron obxecto dun proceso de fusión municipal.

A tramitación deste expediente acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2021.

De acordo co anterior, a directora xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, que se xunta a esta resolución como anexo I, que contén as normas para a xestión do procedemento de concesión das axudas, co seguinte código de procedemento administrativo: MR701E.

Segundo. Aprobar os importes máximos que corresponden a cada concello, nos termos previstos no anexo II.

Terceiro. Aprobar o modelo de resolución individual para conceder, de forma directa, as axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, que se xunta a esta resolución como anexo III.

Cuarto. Aprobar os formularios para a xestión deste procedemento de concesión de axudas, que se xuntan a esta resolución como anexos IV (solicitude de axuda), V (renuncia) e VI (solicitude de pagamento).

Disposición adicional primeira. Réxime de recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG; ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no DOG.

Disposición adicional segunda. Información

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

Na páxina web da Agader: agader.xunta.gal

Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo:

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

Nos teléfonos 981 54 73 82/981 54 26 90/981 54 73 69 (Agader).

De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 82.

Disposición derradeira primeira

A directora xeral da Agader poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Plan de mellora de camiños municipais de acceso
a parcelas agrícolas 2021-2022

Artigo 1. Obxecto

O obxecto é establecer as norma de xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

Para os efectos deste plan, terán a consideración de parcelas agrícolas:

– Todas aquelas parcelas en que máis do 50 % da súa superficie estea clasificada no Sixpac como de uso agrícola, entendendo como tales: terras de cultivo (terras arables, horta e invernadoiros), cultivos permanentes (viñedos, froiteiras, oliveiras…) e pasteiros (excluídos pastos arbustivos e arboredos).

– Parcelas en que se localice unha instalación agrogandeira.

– Parcelas incluídas na solicitude de axuda para os pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (SIXC) do ano 2020.

As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

– Ter remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

– Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 11 deste plan.

Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Financiamento

1. A dotación máxima para financiar estas axudas ascende a 14.300.771,00 € que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008) dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por fondos e anualidades:

2021: 7.150.385,50 €.

2022: 7.150.385,50 €.

2. Este plan tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2021, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia e en trámite parlamentario actualmente. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. O importe global do plan distribúese entre todos os beneficiarios en aplicación dos criterios establecidos no anexo II da Resolución do 28 de decembro de 2020, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos beneficiarios.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Son subvencionables as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais nos seguintes termos:

a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incidan na mellora da seguranza viaria, permita o cruzamento de vehículos ou sobrelargos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.

b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de gabias, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.

c) Mantemento: tanto do firme existente como das súas marxes (limpeza e perfilación de noiros e gabias), reforzos dos terrapléns.

2. Para os efectos deste plan, enténdese por camiño municipal de acceso a parcelas agrícolas aquel camiño que cumpra as seguintes condicións:

– Que sexa de titularidade municipal.

– Que facilite o acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos, a dúas parcelas agrícolas.

3. Todos os proxectos que se presenten deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.

A comprobación de que os investimentos para os que se solicita a axuda non están iniciados na data de presentación da solicitude de axuda fundamentarase na declaración que, para estes efectos, presenta a persoa representante da entidade solicitante e verificarase coa documentación que integre o correspondente expediente de contratación das obras subvencionadas.

b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web da Agader pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.

c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.

d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

e) Que sexan viables tecnicamente.

f) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se concedeu a axuda.

4. As actuacións deberán axustarse ás seguintes regras e requisitos:

a) Deberán integrarse nun único proxecto de obra en que se recolla:

1º. Identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas. Non se admitirán actuacións que propoñan o cambio a unha capa de rodaxe distinta da existente no camiño, agás nos casos en que estea debidamente xustificada a súa necesidade porque a actuación proposta linda cunha parcela en que se localiza un ben inmoble de uso agrícola.

2º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.

3º. No caso de actuacións que rematen no límite do territorio municipal, deberá acreditarse a continuidade en termos de material e estado da capa de rodaxe no tramo do camiño que discorre polo concello limítrofe.

4º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que estarán dispoñibles na páxina web da Agader (agader.xunta.gal).

5º. Planos de localización e de detalle necesarios, indicando o trazado exacto das actuacións, a súa lonxitude e largura e os puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados, así como a localización das parcelas agrícolas ás cales dan acceso.

6º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.

7º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións (excluído IVE).

Os custos do control de calidade non se deberán integrar no orzamento do proxecto. En caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable, nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas.

b) O número máximo de actuacións será de catro por proxecto. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física.

c) As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que estarán publicadas na ligazón http://www.epseaga.com/?q=gl/node/8 e na páxina web da Agader agader.xunta.gal. en formato .bc3.

As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que a conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:

– Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.

– Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere o das citadas tarifas.

Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.

d) Non se admitirán actuacións consistentes unicamente no arranxo de fochas.

As actuacións que consistan en arranxo de fochas deberán incluír necesariamente tratamentos superficiais cunha lonxitude mínima de 100 metros e abranguer a totalidade da plataforma do camiño.

e) Quedan excluídas as actuacións en rúas e vías interiores dentro dos núcleos de poboación.

f) Unha vez presentada a solicitude de axuda non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das previstas inicialmente no proxecto de obra.

g) Non se subvencionará ningún investimento que incida sobre as actuacións subvencionadas nos plans de mellora de camiños de titularidade municipal xestionados pola Agader ou en procesos de reestruturación parcelaria nos últimos 5 anos. Neste caso excluirase da actuación proposta a parte proporcional do orzamento que incumpra este requisito.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, son subvencionables os investimentos necesarios para as obras de mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente. En particular:

a) Obra civil vinculada á execución do proxecto.

b) Servizo de control da calidade da obra.

2. Non serán subvencionables en ningún caso:

a) As partidas a tanto global.

b) O imposto do valor engadido (IVE).

c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.

d) Os gastos de redacción de proxecto nin os de estudos necesarios para a súa redacción.

e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.

f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.

g) O panel de obra.

Artigo 6. Intensidade da axuda

A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables. A porcentaxe de axuda calcularase sobre o importe dos gastos subvencionables ata o límite do importe asignado a cada concello.

O importe máximo de axuda que corresponde a cada beneficiario é o indicado no anexo II da Resolución do 28 de decembro de 2020.

Artigo 7. Compatibilidade e acumulación de axudas

As subvencións concedidas ao abeiro deste plan serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.

O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Artigo 8. Presentación de solicitudes

1. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

2. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.

Dentro do prazo establecido, os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e a través da seguinte ligazón: https://appsagader.xunta.gal/caminos, que tamén estará dispoñible na páxina web da Agader (https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda).

Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a entidade solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

3. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:

a) No caso de que xa estivese dado de alta na aplicación informática habilitada para a xestión das axudas concedidas ao abeiro do Plan marco: mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, deberá acceder co nome de usuario e contrasinal xa rexistrados para esta convocatoria.

Noutro caso, deberá darse de alta na citada aplicación informática. O nome de usuario será sempre o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.

Na aplicación está dispoñible un servizo de recuperación de contrasinais.

b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 deste plan.

c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación e xerará de forma automática o anexo IV (solicitude de axuda). A publicación no DOG deste anexo ten carácter puramente informativo.

3. Se algún concello presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

4. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Agader pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través dos números de teléfono 981 54 73 82/981 54 26 90/981 54 73 69, e o enderezo de correo electrónico subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal.

Artigo 9. Documentación que teñen que presentar as entidades solicitantes

1. Xunto co formulario normalizado de solicitude de axuda (anexo IV), que a aplicación informática xerará de forma automática, os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:

a) Proxecto de obra, nos termos previstos no artigo 4.4.a) destas normas.

b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da Secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, indicando:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no proxecto nos últimos 5 anos, sinalando, de ser o caso, a natureza das obras, ano e orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.

2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

3º. Se o proxecto cumpre coa lexislación urbanística e sectorial, así como co planeamento en vigor.

4º. Se para a execución das obras resultan necesarios permisos e/ou autorizacións sectoriais, con indicación daqueles que se deben incorporar ao expediente.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

No caso de que o proxecto de obra supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica, ou teña un formato non admitido os promotores poderán dividir o arquivo electrónico correspondente, xerando varios arquivos de menor tamaño, ou ben optar pola súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos, en formato CD. Neste último caso, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitadas electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que os concellos interesados se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 11. Procedemento de xestión das axudas

1. Compete á Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural o estudo e a análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda, sen prexuízo, de ser o caso, da coordinación coa Consellería do Medio Rural, que habilitará o persoal técnico necesario para prestar asesoramento, colaboración e asistencia técnica en todo o relacionado coas especificidades técnicas propias destas actuacións.

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requiriralle á entidade interesada que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que se así non o fixer, teráselle por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

Igual requirimento efectuarase no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de facenda.

3. As notificacións do requirimento de emenda efectuarase por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 12 deste plan.

4. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica a través da aplicación informática habilitada para a xestión destas axudas, accesible na ligazón web https://appsagader.xunta.gal/caminos.

5. Co fin de completar a instrución do procedemento, a Agader poderá requirirlle á entidade solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

6. Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación informática habilitada para a xestión das axudas, accesible desde a ligazón web https://appsagader.xunta.gal/caminos.

7. A directora xeral da Agader resolverá motivadamente, por delegación do Consello de Dirección da Agader, a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural.

O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de 4 meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lles notificou resolución expresa. A notificación practicarase por medios electrónicos.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015).

2. A notificación practicarase do seguinte xeito:

a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude de axuda un aviso no cal se lle indica a posta á súa disposición da notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

b) Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a ligazón web https://appsagader.xunta.gal/caminos.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Agader practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Execución das actuacións subvencionadas

1. Os concellos deberán licitar as obras de acordo cos procedementos establecidos na Lei 9/2017, do 18 de novembro, de contratos do sector público (en diante, LCSP).

a) Deberán tramitar un único procedemento de contratación, comprensivo de todas as actuacións de obra aprobadas pola Agader. O incumprimento do disposto neste parágrafo determina a perda do dereito ao cobramento da axuda.

b) No caso de proxectos de obra cuxo importe permita a contratación mediante o procedemento de contrato menor deberá terse en conta que:

1º. Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas.

2º. As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.

3º. As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes, con referencia, cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.

c) No caso de que se prevexan melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da Lei 9/2017. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda que se vaia pagar equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.

d) Calquera modificación do proxecto de obra deberá ser comunicada á Agader e, en calquera caso, deberase tramitar un modificado do proxecto nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.

2. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5.1.b) destas normas reguladoras.

O incumprimento deste requisito suporá a aplicación dunha redución da axuda que se vaia pagar equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.

A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP.

Este control deberá abarcar, cando menos, os seguintes aspectos:

a) Control da calidade dos materiais empregados.

b) Control da calidade dos métodos de execución.

c) Control da calidade das obras rematadas.

O informe resultante do control de calidade deberá incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen certifique con base nos resultados do control, a adecuación da obra executada ao proxecto.

Artigo 14. Xustificación dos investimentos

1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2021 será o 10 de setembro de 2021.

Para a anualidade 2022, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 10 de xuño de 2022.

2. A presentación da solicitude de pagamento (anexo VI), que a aplicación informática xerará de forma automática, realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e na ligazón web https://appsagader.xunta.gal/caminos, dentro dos prazos de execución e xustificación referidos no parágrafo anterior. O anexo VI publícase no DOG para os efectos puramente informativos.

A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase igualmente de forma electrónica.

Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (en diante, RLSG), cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porállelos no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días hábiles para a súa corrección.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado esta, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda.

Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 12 destas normas.

3. Xunto coa solicitude de pagamento (parcial e final), deberán presentar a seguinte documentación:

a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.

b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do panel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade, nos termos previstos no punto 8 do artigo 17 deste plan.

c) Facturas rexistradas no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.

d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria), que deberá identificar o número de factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, entidade que realiza o pagamento e o destinatario.

Os xustificantes de pagamento tramitados a través da banca electrónica deberán vir validados co selo da entidade bancaria correspondente.

e) Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.

f) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa de la subvención, co seguinte contido:

1º. O cumprimento da finalidade da subvención.

2º. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.

g) Relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e a súa procedencia.

O anexo VI inclúe unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiarán a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

4. A maiores da documentación referida no punto 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento parcial, deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, relativa aos seguintes aspectos:

1º. O acordo de aprobación do proxecto técnico das obras por parte do órgano municipal competente.

2º. A aprobación da correspondente certificación parcial de obra por parte do órgano municipal competente.

b) Certificación ou informe da persoa titular da Secretaría ou da Intervención da entidade local ou, de ser o caso, do/da empregado/a público/a que, de acordo coa estrutura organizativa do concello, teña atribuída as competencias en materia de contratación pública, acreditativo de que o procedemento de contratación pública se tramitou nos termos previstos na normativa de contratación do sector público vixente, con indicación do procedemento seguido para a contratación das obras subvencionadas.

c) Para o caso de que a contratación da obra se tramitase como un contrato menor, as tres ofertas solicitadas segundo o exposto no artigo 13.1.b) deste plan.

5. A maiores da documentación referida no punto 3 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento final, deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local acreditativa da aprobación da certificación final de obra por parte do órgano municipal competente.

b) De ser o caso, copia dos permisos e autorizacións legalmente exixidos para levar a cabo as obras, segundo o referido no informe técnico municipal que se presentou xunto coa solicitude de axuda.

c) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 13.2 destas normas. Deberase incluír necesariamente as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado, asinadas polo/a director/a de obra ou polo responsable do control.

Artigo 15. Control administrativo da solicitude de pagamento

1. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán necesariamente as seguintes comprobacións:

– A operación finalizada en comparación coa operación para a que se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.

– Os custos contraídos e os gastos realizados.

– A verificación da moderación dos custos xustificados.

2. Para todos os expedientes con subvencións superiores a 60.000 €, a Agader realizará unha visita de control in situ para comprobar o remate da operación obxecto de solicitude de pagamento final.

Nos demais casos, a Agader poderá realizar visitas de control in situ de forma aleatoria, e sempre naqueles casos en que da revisión documental do expediente non resulte suficientemente acreditado o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a axuda.

Artigo 16. Réxime de pagamentos

Con cargo á anualidade 2021 tramitarase un pagamento á conta, sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.

Así mesmo, e con cargo á anualidade 2021, logo da solicitude dos concellos beneficiarios, poderá tramitarse un pagamento anticipado en concepto de entrega de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo as accións inherentes á subvención, nas seguintes condicións:

– A data límite para solicitar o pagamento anticipado será o 1 de agosto de 2021.

– O importe máximo do pagamento anticipado será de ata un 50 % da subvención concedida, sen que supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

– A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

– A data límite para executar e xustificar o pagamento anticipado será o 10 de setembro de 2021.

Na anualidade 2022 non se concederán pagamentos á conta nin pagamentos anticipados, de xeito que se practicará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.

Os concellos beneficiarios están exentos da constitución de garantías, en virtude do disposto no artigo 65.4.c) do Decreto 11/2009.

Artigo 17. Obrigas dos concellos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras deberán ter unha garantía de mantemento de cinco anos, contados desde a data de pagamento final da axuda, e serán por conta do concello os custos necesarios para a súa xustificación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e o artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

8. Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel, con información acerca da operación, que deberá estar visible durante a execución das obras. A Agader facilitará a través da súa páxina web o modelo, formato e dimensións do panel informativo.

9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

10. Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado, que se incorpora á resolución como anexo V, e que xerará de forma automática a aplicación informática que xestiona estas axudas.

Artigo 18. Modificación da resolución de concesión da subvención

1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.

2. No suposto de que as novas circunstancias afecten a criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.

En todo caso, a modificación da resolución de concesión tramitarase nos termos previstos no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 20. Reintegro da subvención

1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de mora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG.

2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento do ben ou da actividade subvencionada, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.

3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do RLSG.

Artigo 21. Réxime sancionador

As persoas beneficiarias das axudas, de ser o caso, estarán suxeitas ao réxime sancionador previsto nos títulos IV da LSG e VI do RLSG.

Artigo 22. Remisión normativa

Para todo o non disposto nestas normas de xestión, observarase o disposto na seguinte normativa:

a) Normativa autonómica:

Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia.

b) Normativa estatal:

Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo y do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

ANEXO II

Asignacións máximas por concello

A distribución do importe máximo vinculado a esta convocatoria de axudas entre todos os concellos de Galicia realizouse de acordo cos seguintes criterios, consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias:

Asignación total: 14.300.771 €.

Este orzamento distribúese do seguinte xeito:

Asignación fixa por concello: 16.450 €.

Asignación por habitante (*): 10 €.

(*) Habitantes: máximo por concello: 20.000 €.

(*) Habitantes: mínimo por concello: 12.500 €.

Asignación por entidade de poboación: 58 €.

Esta asignación corrixirase cos seguintes coeficientes:

Superficie do concello, S < 50 km2 : decrecemento 10 %.

Superficie do concello, 50 < S < 100 km2 : sen variación.

Superficie do concello, 100 < S < 200 km2 : incremento 10 %.

Superficie do concello, S > 200 km2 : incremento 20 %.

Agrariedade, A < 90 %: decrecemento 10 %.

Agrariedade, 90 % <A < 110 %: sen variación.

Agrariedade, A > 110 %: incremento 10 %.

Grao de despoboamento > 20 %: incremento 10 %.

Grao de envellecemento > 33 %: incremento 10 %

Despoboamento: evolución demográfica. Prímanse os concellos con demografía negativa (habitantes 1999-habitantes 2019)/habitantes 2019.

Envellecemento: distribución en función da porcentaxe de maiores de 65 anos. Prímanse os máis envellecidos (datos 2019).

O coeficiente de agrariedade calcúlase do seguinte xeito:

A = 0,14S + 0,65 Ex + 0,60Eb + 0,10 Rea + 0,05M.

S = % superficie total explotacións/superficie total concello.

Ex = % explotacións con SAU/poboación rural.

Eb = % explotacións bovino/poboación rural.

Rea = traballadores afiliados REA/poboación rural.

M = maquinaria en propiedade/poboación rural.

Datos utilizados:

• Entidades singulares de poboación: IGE 2019.

• Superficie dos concellos: IGE 2019.

• Poboación total concellos: IGE 2019.

• Despoboamento: IGE 1999 e 2019.

• Envellecemento: IGE 2019.

En aplicación do Acordo do Consello da Xunta do 28 de febreiro de 2013 polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, a asignación resultante, logo da aplicación dos criterios de repartición, para os concellos resultantes dun proceso de fusión municipal, incrementarase nun 50 %.

Logo da aplicación dos referidos criterios, os importes máximos para cada concello son os que a seguir se refiren:

Código

Concello

Asignación

Anualidade 2021

Anualidade 2022

15001

Abegondo

48.517,00 €

24.258,50 €

24.258,50 €

15002

Ames

38.756,00 €

19.378,00 €

19.378,00 €

15003

Aranga

64.991,00 €

32.495,50 €

32.495,50 €

15004

Ares

31.263,00 €

15.631,50 €

15.631,50 €

15005

Arteixo

38.704,00 €

19.352,00 €

19.352,00 €

15006

Arzúa

61.369,00 €

30.684,50 €

30.684,50 €

15007

Baña, A

56.466,00 €

28.233,00 €

28.233,00 €

15008

Bergondo

33.095,00 €

16.547,50 €

16.547,50 €

15009

Betanzos

31.451,00 €

15.725,50 €

15.725,50 €

15010

Boimorto

57.393,00 €

28.696,50 €

28.696,50 €

15011

Boiro

38.651,00 €

19.325,50 €

19.325,50 €

15012

Boqueixón

42.838,00 €

21.419,00 €

21.419,00 €

15013

Brión

46.858,00 €

23.429,00 €

23.429,00 €

15014

Cabana de Bergantiños

59.709,00 €

29.854,50 €

29.854,50 €

15015

Cabanas

32.202,00 €

16.101,00 €

16.101,00 €

15016

Camariñas

37.578,00 €

18.789,00 €

18.789,00 €

15017

Cambre

34.833,00 €

17.416,50 €

17.416,50 €

15018

Capela, A

42.449,00 €

21.224,50 €

21.224,50 €

15019

Carballo

65.018,00 €

32.509,00 €

32.509,00 €

15020

Carnota

42.915,00 €

21.457,50 €

21.457,50 €

15021

Carral

35.444,00 €

17.722,00 €

17.722,00 €

15022

Cedeira

45.730,00 €

22.865,00 €

22.865,00 €

15023

Cee

35.363,00 €

17.681,50 €

17.681,50 €

15024

Cerceda

47.754,00 €

23.877,00 €

23.877,00 €

15025

Cerdido

45.712,00 €

22.856,00 €

22.856,00 €

15902

Oza-Cesuras

107.859,00 €

53.929,50 €

53.929,50 €

15027

Coirós

29.272,00 €

14.636,00 €

14.636,00 €

15028

Corcubión

26.662,00 €

13.331,00 €

13.331,00 €

15029

Coristanco

59.400,00 €

29.700,00 €

29.700,00 €

15030

Coruña, A

31.592,00 €

15.796,00 €

15.796,00 €

15031

Culleredo

35.519,00 €

17.759,50 €

17.759,50 €

15032

Curtis

54.070,00 €

27.035,00 €

27.035,00 €

15033

Dodro

30.746,00 €

15.373,00 €

15.373,00 €

15034

Dumbría

54.073,00 €

27.036,50 €

27.036,50 €

15035

Fene

35.867,00 €

17.933,50 €

17.933,50 €

15036

Ferrol

35.833,00 €

17.916,50 €

17.916,50 €

15037

Fisterra

30.652,00 €

15.326,00 €

15.326,00 €

15038

Frades

49.508,00 €

24.754,00 €

24.754,00 €

15039

Irixoa

49.303,00 €

24.651,50 €

24.651,50 €

15040

Laxe

38.325,00 €

19.162,50 €

19.162,50 €

15041

Laracha, A

61.509,00 €

30.754,50 €

30.754,50 €

15042

Lousame

49.368,00 €

24.684,00 €

24.684,00 €

15043

Malpica

44.051,00 €

22.025,50 €

22.025,50 €

15044

Mañón

48.515,00 €

24.257,50 €

24.257,50 €

15045

Mazaricos

61.519,00 €

30.759,50 €

30.759,50 €

15046

Melide

57.369,00 €

28.684,50 €

28.684,50 €

15047

Mesía

66.614,00 €

33.307,00 €

33.307,00 €

15048

Miño

32.061,00 €

16.030,50 €

16.030,50 €

15049

Moeche

43.225,00 €

21.612,50 €

21.612,50 €

15050

Monfero

69.586,00 €

34.793,00 €

34.793,00 €

15051

Mugardos

30.229,00 €

15.114,50 €

15.114,50 €

15052

Muxía

56.389,00 €

28.194,50 €

28.194,50 €

15053

Muros

35.989,00 €

17.994,50 €

17.994,50 €

15054

Narón

42.358,00 €

21.179,00 €

21.179,00 €

15055

Neda

33.659,00 €

16.829,50 €

16.829,50 €

15056

Negreira

50.351,00 €

25.175,50 €

25.175,50 €

15057

Noia

34.504,00 €

17.252,00 €

17.252,00 €

15058

Oleiros

33.565,00 €

16.782,50 €

16.782,50 €

15059

Ordes

59.895,00 €

29.947,50 €

29.947,50 €

15060

Oroso

42.711,00 €

21.355,50 €

21.355,50 €

15061

Ortigueira

87.862,00 €

43.931,00 €

43.931,00 €

15062

Outes

54.842,00 €

27.421,00 €

27.421,00 €

15064

Paderne

43.484,00 €

21.742,00 €

21.742,00 €

15065

Padrón

33.048,00 €

16.524,00 €

16.524,00 €

15066

Pino, O

49.859,00 €

24.929,50 €

24.929,50 €

15067

Pobra do Caramiñal, A

34.269,00 €

17.134,50 €

17.134,50 €

15068

Ponteceso

44.752,00 €

22.376,00 €

22.376,00 €

15069

Pontedeume

33.095,00 €

16.547,50 €

16.547,50 €

15070

Pontes de García Rodríguez, As

55.214,00 €

27.607,00 €

27.607,00 €

15071

Porto do Son

40.426,00 €

20.213,00 €

20.213,00 €

15072

Rianxo

37.451,00 €

18.725,50 €

18.725,50 €

15073

Ribeira

36.772,00 €

18.386,00 €

18.386,00 €

15074

Rois

47.113,00 €

23.556,50 €

23.556,50 €

15075

Sada

32.719,00 €

16.359,50 €

16.359,50 €

15076

San Sadurniño

51.898,00 €

25.949,00 €

25.949,00 €

15077

Santa Comba

58.450,00 €

29.225,00 €

29.225,00 €

15078

Santiago de Compostela

54.024,00 €

27.012,00 €

27.012,00 €

15079

Santiso

51.869,00 €

25.934,50 €

25.934,50 €

15080

Sobrado

65.311,00 €

32.655,50 €

32.655,50 €

15081

Somozas, As

45.557,00 €

22.778,50 €

22.778,50 €

15082

Teo

40.061,00 €

20.030,50 €

20.030,50 €

15083

Toques

45.480,00 €

22.740,00 €

22.740,00 €

15084

Tordoia

58.801,00 €

29.400,50 €

29.400,50 €

15085

Touro

59.245,00 €

29.622,50 €

29.622,50 €

15086

Trazo

49.157,00 €

24.578,50 €

24.578,50 €

15087

Valdoviño

43.558,00 €

21.779,00 €

21.779,00 €

15088

Val do Dubra

61.773,00 €

30.886,50 €

30.886,50 €

15089

Vedra

44.048,00 €

22.024,00 €

22.024,00 €

15090

Vilasantar

46.739,00 €

23.369,50 €

23.369,50 €

15091

Vilarmaior

34.157,00 €

17.078,50 €

17.078,50 €

15092

Vimianzo

56.775,00 €

28.387,50 €

28.387,50 €

15093

Zas

56.080,00 €

28.040,00 €

28.040,00 €

15901

Cariño

39.931,00 €

19.965,50 €

19.965,50 €

27001

Abadín

70.095,00 €

35.047,50 €

35.047,50 €

27002

Alfoz

57.904,00 €

28.952,00 €

28.952,00 €

27003

Antas de Ulla

62.283,00 €

31.141,50 €

31.141,50 €

27004

Baleira

53.706,00 €

26.853,00 €

26.853,00 €

27005

Barreiros

50.561,00 €

25.280,50 €

25.280,50 €

27006

Becerreá

63.132,00 €

31.566,00 €

31.566,00 €

27007

Begonte

62.113,00 €

31.056,50 €

31.056,50 €

27008

Bóveda

46.753,00 €

23.376,50 €

23.376,50 €

27009

Carballedo

69.671,00 €

34.835,50 €

34.835,50 €

27010

Castro de Rei

61.579,00 €

30.789,50 €

30.789,50 €

27011

Castroverde

63.302,00 €

31.651,00 €

31.651,00 €

27012

Cervantes

62.345,00 €

31.172,50 €

31.172,50 €

27013

Cervo

36.198,00 €

18.099,00 €

18.099,00 €

27014

Corgo, O

61.870,00 €

30.935,00 €

30.935,00 €

27015

Cospeito

71.114,00 €

35.557,00 €

35.557,00 €

27016

Chantada

63.404,00 €

31.702,00 €

31.702,00 €

27017

Folgoso do Courel

46.377,00 €

23.188,50 €

23.188,50 €

27018

Fonsagrada, A

83.971,00 €

41.985,50 €

41.985,50 €

27019

Foz

39.531,00 €

19.765,50 €

19.765,50 €

27020

Friol

86.287,00 €

43.143,50 €

43.143,50 €

27021

Xermade

57.451,00 €

28.725,50 €

28.725,50 €

27022

Guitiriz

71.848,00 €

35.924,00 €

35.924,00 €

27023

Guntín

66.189,00 €

33.094,50 €

33.094,50 €

27024

Incio, O

60.175,00 €

30.087,50 €

30.087,50 €

27025

Xove

41.090,00 €

20.545,00 €

20.545,00 €

27026

Láncara

66.104,00 €

33.052,00 €

33.052,00 €

27027

Lourenzá

50.351,00 €

25.175,50 €

25.175,50 €

27028

Lugo

75.982,00 €

37.991,00 €

37.991,00 €

27029

Meira

35.820,00 €

17.910,00 €

17.910,00 €

27030

Mondoñedo

62.113,00 €

31.056,50 €

31.056,50 €

27031

Monforte de Lemos

59.544,00 €

29.772,00 €

29.772,00 €

27032

Monterroso

52.175,00 €

26.087,50 €

26.087,50 €

27033

Muras

53.046,00 €

26.523,00 €

26.523,00 €

27034

Navia de Suarna

46.023,00 €

23.011,50 €

23.011,50 €

27035

Negueira de Muñiz

33.759,00 €

16.879,50 €

16.879,50 €

27037

Nogais, As

38.819,00 €

19.409,50 €

19.409,50 €

27038

Ourol

61.832,00 €

30.916,00 €

30.916,00 €

27039

Outeiro de Rei

55.544,00 €

27.772,00 €

27.772,00 €

27040

Palas de Rei

65.018,00 €

32.509,00 €

32.509,00 €

27041

Pantón

70.520,00 €

35.260,00 €

35.260,00 €

27042

Paradela

52.633,00 €

26.316,50 €

26.316,50 €

27043

Páramo, O

40.363,00 €

20.181,50 €

20.181,50 €

27044

Pastoriza, A

56.456,00 €

28.228,00 €

28.228,00 €

27045

Pedrafita do Cebreiro

42.624,00 €

21.312,00 €

21.312,00 €

27046

Pol

53.038,00 €

26.519,00 €

26.519,00 €

27047

Pobra do Brollón, A

47.209,00 €

23.604,50 €

23.604,50 €

27048

Pontenova, A

48.807,00 €

24.403,50 €

24.403,50 €

27049

Portomarín

45.481,00 €

22.740,50 €

22.740,50 €

27050

Quiroga

46.820,00 €

23.410,00 €

23.410,00 €

27051

Ribadeo

53.043,00 €

26.521,50 €

26.521,50 €

27052

Ribas de Sil

28.404,00 €

14.202,00 €

14.202,00 €

27053

Ribeira de Piquín

34.269,00 €

17.134,50 €

17.134,50 €

27054

Riotorto

36.720,00 €

18.360,00 €

18.360,00 €

27055

Samos

44.538,00 €

22.269,00 €

22.269,00 €

27056

Rábade

31.087,00 €

15.543,50 €

15.543,50 €

27057

Sarria

75.700,00 €

37.850,00 €

37.850,00 €

27058

Saviñao, O

68.509,00 €

34.254,50 €

34.254,50 €

27059

Sober

58.632,00 €

29.316,00 €

29.316,00 €

27060

Taboada

57.018,00 €

28.509,00 €

28.509,00 €

27061

Trabada

43.591,00 €

21.795,50 €

21.795,50 €

27062

Triacastela

33.695,00 €

16.847,50 €

16.847,50 €

27063

Valadouro, O

56.877,00 €

28.438,50 €

28.438,50 €

27064

Vicedo, O

41.256,00 €

20.628,00 €

20.628,00 €

27065

Vilalba

88.538,00 €

44.269,00 €

44.269,00 €

27066

Viveiro

53.463,00 €

26.731,50 €

26.731,50 €

27901

Baralla

61.858,00 €

30.929,00 €

30.929,00 €

27902

Burela

29.571,00 €

14.785,50 €

14.785,50 €

32001

Allariz

37.294,00 €

18.647,00 €

18.647,00 €

32002

Amoeiro

34.234,00 €

17.117,00 €

17.117,00 €

32003

Arnoia, A

29.511,00 €

14.755,50 €

14.755,50 €

32004

Avión

37.262,00 €

18.631,00 €

18.631,00 €

32005

Baltar

32.802,00 €

16.401,00 €

16.401,00 €

32006

Bande

39.442,00 €

19.721,00 €

19.721,00 €

32007

Baños de Molgas

43.144,00 €

21.572,00 €

21.572,00 €

32008

Barbadás

37.032,00 €

18.516,00 €

18.516,00 €

32009

Barco de Valdeorras, O

41.778,00 €

20.889,00 €

20.889,00 €

32010

Beade

28.775,00 €

14.387,50 €

14.387,50 €

32011

Beariz

32.663,00 €

16.331,50 €

16.331,50 €

32012

Blancos, Os

29.809,00 €

14.904,50 €

14.904,50 €

32013

Boborás

44.179,00 €

22.089,50 €

22.089,50 €

32014

Bola, A

36.229,00 €

18.114,50 €

18.114,50 €

32015

Bolo, O

33.631,00 €

16.815,50 €

16.815,50 €

32016

Calvos de Randín

32.993,00 €

16.496,50 €

16.496,50 €

32017

Carballeda de Valdeorras

37.053,00 €

18.526,50 €

18.526,50 €

32018

Carballeda de Avia

28.047,00 €

14.023,50 €

14.023,50 €

32019

Carballiño, O

37.451,00 €

18.725,50 €

18.725,50 €

32020

Cartelle

35.363,00 €

17.681,50 €

17.681,50 €

32021

Castrelo do Val

36.152,00 €

18.076,00 €

18.076,00 €

32022

Castrelo de Miño

33.506,00 €

16.753,00 €

16.753,00 €

32023

Castro Caldelas

38.599,00 €

19.299,50 €

19.299,50 €

32024

Celanova

39.748,00 €

19.874,00 €

19.874,00 €

32025

Cenlle

33.232,00 €

16.616,00 €

16.616,00 €

32026

Coles

36.611,00 €

18.305,50 €

18.305,50 €

32027

Cortegada

25.376,00 €

12.688,00 €

12.688,00 €

32028

Cualedro

42.991,00 €

21.495,50 €

21.495,50 €

32029

Chandrexa de Queixa

45.358,00 €

22.679,00 €

22.679,00 €

32030

Entrimo

26.890,00 €

13.445,00 €

13.445,00 €

32031

Esgos

27.758,00 €

13.879,00 €

13.879,00 €

32032

Xinzo de Limia

56.254,00 €

28.127,00 €

28.127,00 €

32033

Gomesende

26.644,00 €

13.322,00 €

13.322,00 €

32034

Gudiña, A

30.520,00 €

15.260,00 €

15.260,00 €

32035

Irixo, O

45.910,00 €

22.955,00 €

22.955,00 €

32036

Xunqueira de Ambía

40.320,00 €

20.160,00 €

20.160,00 €

32037

Xunqueira de Espadanedo

32.790,00 €

16.395,00 €

16.395,00 €

32038

Larouco

28.948,00 €

14.474,00 €

14.474,00 €

32039

Laza

37.865,00 €

18.932,50 €

18.932,50 €

32040

Leiro

28.363,00 €

14.181,50 €

14.181,50 €

32041

Lobeira

33.504,00 €

16.752,00 €

16.752,00 €

32042

Lobios

37.190,00 €

18.595,00 €

18.595,00 €

32043

Maceda

48.175,00 €

24.087,50 €

24.087,50 €

32044

Manzaneda

37.065,00 €

18.532,50 €

18.532,50 €

32045

Maside

39.590,00 €

19.795,00 €

19.795,00 €

32046

Melón

37.147,00 €

18.573,50 €

18.573,50 €

32047

Merca, A

38.432,00 €

19.216,00 €

19.216,00 €

32048

Mezquita, A

35.731,00 €

17.865,50 €

17.865,50 €

32049

Montederramo

49.519,00 €

24.759,50 €

24.759,50 €

32050

Monterrei

49.827,00 €

24.913,50 €

24.913,50 €

32051

Muíños

45.366,00 €

22.683,00 €

22.683,00 €

32052

Nogueira de Ramuín

36.511,00 €

18.255,50 €

18.255,50 €

32053

Oímbra

43.524,00 €

21.762,00 €

21.762,00 €

32054

Ourense

40.270,00 €

20.135,00 €

20.135,00 €

32055

Paderne de Allariz

30.053,00 €

15.026,50 €

15.026,50 €

32056

Padrenda

33.721,00 €

16.860,50 €

16.860,50 €

32057

Parada de Sil

41.929,00 €

20.964,50 €

20.964,50 €

32058

Pereiro de Aguiar, O

36.041,00 €

18.020,50 €

18.020,50 €

32059

Peroxa, A

52.248,00 €

26.124,00 €

26.124,00 €

32060

Petín

29.113,00 €

14.556,50 €

14.556,50 €

32061

Piñor

43.087,00 €

21.543,50 €

21.543,50 €

32062

Porqueira

36.764,00 €

18.382,00 €

18.382,00 €

32063

Pobra de Trives, A

50.136,00 €

25.068,00 €

25.068,00 €

32064

Pontedeva

28.886,00 €

14.443,00 €

14.443,00 €

32065

Punxín

30.383,00 €

15.191,50 €

15.191,50 €

32066

Quintela de Leirado

33.421,00 €

16.710,50 €

16.710,50 €

32067

Rairiz de Veiga

39.930,00 €

19.965,00 €

19.965,00 €

32068

Ramirás

36.636,00 €

18.318,00 €

18.318,00 €

32069

Ribadavia

30.276,00 €

15.138,00 €

15.138,00 €

32070

San Xoán de Río

39.170,00 €

19.585,00 €

19.585,00 €

32071

Riós

51.156,00 €

25.578,00 €

25.578,00 €

32072

Rúa, A

29.712,00 €

14.856,00 €

14.856,00 €

32073

Rubiá

46.813,00 €

23.406,50 €

23.406,50 €

32074

San Amaro

39.543,00 €

19.771,50 €

19.771,50 €

32075

San Cibrao das Viñas

31.404,00 €

15.702,00 €

15.702,00 €

32076

San Cristovo de Cea

45.582,00 €

22.791,00 €

22.791,00 €

32077

Sandiás

40.401,00 €

20.200,50 €

20.200,50 €

32078

Sarreaus

40.351,00 €

20.175,50 €

20.175,50 €

32079

Taboadela

32.910,00 €

16.455,00 €

16.455,00 €

32080

Teixeira, A

30.096,00 €

15.048,00 €

15.048,00 €

32081

Toén

41.273,00 €

20.636,50 €

20.636,50 €

32082

Trasmiras

34.386,00 €

17.193,00 €

17.193,00 €

32083

Veiga, A

49.018,00 €

24.509,00 €

24.509,00 €

32084

Verea

41.620,00 €

20.810,00 €

20.810,00 €

32085

Verín

37.119,00 €

18.559,50 €

18.559,50 €

32086

Viana do Bolo

57.305,00 €

28.652,50 €

28.652,50 €

32087

Vilamarín

40.586,00 €

20.293,00 €

20.293,00 €

32088

Vilamartín de Valdeorras

31.770,00 €

15.885,00 €

15.885,00 €

32089

Vilar de Barrio

45.938,00 €

22.969,00 €

22.969,00 €

32090

Vilar de Santos

29.350,00 €

14.675,00 €

14.675,00 €

32091

Vilardevós

46.140,00 €

23.070,00 €

23.070,00 €

32092

Vilariño de Conso

47.814,00 €

23.907,00 €

23.907,00 €

36001

Arbo

36.008,00 €

18.004,00 €

18.004,00 €

36002

Barro

37.828,00 €

18.914,00 €

18.914,00 €

36003

Baiona

34.854,00 €

17.427,00 €

17.427,00 €

36004

Bueu

38.794,00 €

19.397,00 €

19.397,00 €

36005

Caldas de Reis

44.305,00 €

22.152,50 €

22.152,50 €

36006

Cambados

38.908,00 €

19.454,00 €

19.454,00 €

36007

Campo Lameiro

40.687,00 €

20.343,50 €

20.343,50 €

36008

Cangas

38.510,00 €

19.255,00 €

19.255,00 €

36009

Cañiza, A

68.818,00 €

34.409,00 €

34.409,00 €

36010

Catoira

37.373,00 €

18.686,50 €

18.686,50 €

36902

Cerdedo-Cotobade

92.596,00 €

46.298,00 €

46.298,00 €

36013

Covelo

61.519,00 €

30.759,50 €

30.759,50 €

36014

Crecente

39.695,00 €

19.847,50 €

19.847,50 €

36015

Cuntis

44.880,00 €

22.440,00 €

22.440,00 €

36016

Dozón

42.778,00 €

21.389,00 €

21.389,00 €

36017

Estrada, A

107.872,00 €

53.936,00 €

53.936,00 €

36018

Forcarei

62.283,00 €

31.141,50 €

31.141,50 €

36019

Fornelos de Montes

38.466,00 €

19.233,00 €

19.233,00 €

36020

Agolada

65.170,00 €

32.585,00 €

32.585,00 €

36021

Gondomar

41.000,00 €

20.500,00 €

20.500,00 €

36022

Grove, O

37.544,00 €

18.772,00 €

18.772,00 €

36023

Guarda, A

37.771,00 €

18.885,50 €

18.885,50 €

36024

Lalín

89.252,00 €

44.626,00 €

44.626,00 €

36025

Lama, A

51.792,00 €

25.896,00 €

25.896,00 €

36026

Marín

36.560,00 €

18.280,00 €

18.280,00 €

36027

Meaño

39.079,00 €

19.539,50 €

19.539,50 €

36028

Meis

46.156,00 €

23.078,00 €

23.078,00 €

36029

Moaña

31.028,00 €

15.514,00 €

15.514,00 €

36030

Mondariz

43.800,00 €

21.900,00 €

21.900,00 €

36031

Mondariz-Balneario

23.590,00 €

11.795,00 €

11.795,00 €

36032

Moraña

33.001,00 €

16.500,50 €

16.500,50 €

36033

Mos

40.507,00 €

20.253,50 €

20.253,50 €

36034

Neves, As

46.938,00 €

23.469,00 €

23.469,00 €

36035

Nigrán

41.068,00 €

20.534,00 €

20.534,00 €

36036

Oia

41.652,00 €

20.826,00 €

20.826,00 €

36037

Pazos de Borbén

37.373,00 €

18.686,50 €

18.686,50 €

36038

Pontevedra

57.073,00 €

28.536,50 €

28.536,50 €

36039

Porriño, O

48.537,00 €

24.268,50 €

24.268,50 €

36040

Portas

43.168,00 €

21.584,00 €

21.584,00 €

36041

Poio

39.476,00 €

19.738,00 €

19.738,00 €

36042

Ponteareas

50.842,00 €

25.421,00 €

25.421,00 €

36043

Ponte Caldelas

34.736,00 €

17.368,00 €

17.368,00 €

36044

Pontecesures

36.464,00 €

18.232,00 €

18.232,00 €

36045

Redondela

44.558,00 €

22.279,00 €

22.279,00 €

36046

Ribadumia

41.652,00 €

20.826,00 €

20.826,00 €

36047

Rodeiro

65.764,00 €

32.882,00 €

32.882,00 €

36048

Rosal, O

34.854,00 €

17.427,00 €

17.427,00 €

36049

Salceda de Caselas

37.283,00 €

18.641,50 €

18.641,50 €

36050

Salvaterra de Miño

43.193,00 €

21.596,50 €

21.596,50 €

36051

Sanxenxo

42.262,00 €

21.131,00 €

21.131,00 €

36052

Silleda

74.426,00 €

37.213,00 €

37.213,00 €

36053

Soutomaior

33.355,00 €

16.677,50 €

16.677,50 €

36054

Tomiño

52.974,00 €

26.487,00 €

26.487,00 €

36055

Tui

44.871,00 €

22.435,50 €

22.435,50 €

36056

Valga

39.022,00 €

19.511,00 €

19.511,00 €

36057

Vigo

65.132,00 €

32.566,00 €

32.566,00 €

36058

Vilaboa

39.249,00 €

19.624,50 €

19.624,50 €

36059

Vila de Cruces

54.000,00 €

27.000,00 €

27.000,00 €

36060

Vilagarcía de Arousa

42.887,00 €

21.443,50 €

21.443,50 €

36061

Vilanova de Arousa

35.733,00 €

17.866,50 €

17.866,50 €

36901

Illa de Arousa, A

36.520,00 €

18.260,00 €

18.260,00 €

Total

14.300.771,00 €

7.150.385,50 €

7.150.385,50 €

ANEXO III

Modelo de resolución de concesión de axuda

Resolución da directora xeral da Agader, do ... de ... 2021, pola que se concede ao Concello de ... unha axuda ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

O 28 de decembro de 2020, a directora xeral da Agader aprobou a Resolución para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

Dentro do ámbito competencial da Agader, o citado plan constitúe o instrumento específico de planificación e xustificación das actuacións dirixidas a fomentar os investimentos en infraestruturas viarias de titularidade municipal, a través de axudas instrumentadas segundo o procedemento de concesión previsto no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada lei (procedemento de concesión directa das axudas a través de resolución).

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e fundamentada en razóns de interese público que redundan en beneficio de todos os concellos de Galicia, co obxectivo último de xerar cohesión social e territorial e mellorar as condicións de vida e traballo no medio rural e contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal e mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola.

Para o financiamento do citado plan está prevista unha dotación orzamentaria de 14.300.771,00 €, con cargo á conta orzamentaria dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural 14-A1-712A-760.0 (código de proxecto 2016-00008), distribuída entre todos os concellos de Galicia con base nuns criterios obxectivos, públicos e previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

Mediante o Acordo do 23 de decembro de 2020, o Consello da Xunta de Galicia autorizou á Agader a concesión directa das axudas tramitadas ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

De acordo co anterior, logo da instrución do procedemento nos termos previstos no plan, e por proposta da Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural, a directora xeral da Agader, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Agader, do 11 de xullo de 2013 (Resolución do 24 de xullo de 2013 pola que se fai pública a delegación de competencias na Presidencia e na Dirección Xeral da Agader, DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Concederlle ao Concello de ... unha axuda por importe de ... €, ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, coa seguinte distribución por anualidades:

2021

2022

Aplicación orzamentaria 14-A1-712A-760.0 (cód. proxecto 2016-00008)

A citada axuda concédese en réxime de concesión directa, con fundamento no artigo 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), en relación co artigo 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Segundo. O procedemento de xestión das subvencións, así como o réxime de xustificación dos investimentos subvencionables é o referido na Resolución do 28 de decembro de 2020, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

Terceiro. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2021 será o 10 de setembro de 2021. O feito de non xustificar correctamente esta anualidade devirá na perda parcial do dereito ao cobramento da axuda polo importe non xustificado.

O prazo final de execución e xustificación será o 10 de xuño de 2022.

A xustificación documental dos investimentos realizarase nos termos previstos no artigo 14 do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2020, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

Cuarto. O réxime de pagamentos será o establecido no artigo 16 do anexo I da Resolución do 28 de decembro de 2020, para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022.

Quinto. Con carácter xeral, son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos a partir da resolución de pagamento final.

As obras incluídas neste plan deberán ter unha garantía de mantemento de, cando menos, 5 anos contados desde a data de pagamento final da axuda. Serán por conta do concello os custos necesarios para a súa conservación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme as prescricións contidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Comunicar á Agader a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006 e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.

h) Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel, con información acerca da operación, que deberá estar visible durante a execución das obras. A Agader facilitará a través da páxina web o modelo correspondente.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Agader, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

j) Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo V.

Sexto. As subvencións concedidas ao abeiro deste plan serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considérase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.

Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo IV) e na solicitude de pagamento (anexo VI).

Sétimo. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do Decreto 11/2009.

Os beneficiarios das axudas, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG, desenvolvido no título VI do RLSG.

Oitavo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Consello de Dirección da Agader, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file