Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2021 Páx. 6076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento de competencia desta xefatura (expediente 2018/341-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle, a través desta cédula que se publicará no Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución emprázase a persoa interesada por sí ou a través do seu representante legal para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8-1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento dese prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, esta cédula publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interporse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos, no caso de oposición ás resolucións administrativas, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 7 de xaneiro de 2021

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2018/341-36.

DNI: 35643650K.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 20 de novembro de 2020.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.