Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5325

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial (expediente FG número 663).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2021000073, do 14 de xaneiro de 2021, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle das parcelas RP-11.1, RP-11.2 e RP-11.3 do Plan parcial SUD-11, Dorneda–Campo de Golf (documento R.E. nº 2020016622, do 25 de novembro).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 19 de xaneiro de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde presidente