Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5287

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2020).

ETX. execución de títulos xudiciais 50/2020

Procedemento orixe: DOI despedimento obxectivo individual 161/2020

Sobre despedimento

Demandante: María del Carmen Freire Lorenzo

Avogado: Manuel Castro Fernández

Demandados: Bierzo Enxebre S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María del Carmen Freire Lorenzo contra a empresa Bierzo Enxebre, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto despachando execución con data do 16 de decembro de 2020 e decreto de adopción de medidas do 16 de decembro de 2020.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bierzo Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese a destinataria de que queda á súa disposición na oficina deste xulgado as resolucións obxecto de notificación, as cales poderá consultar e obter copia delas.

Así mesmo, advírteselle que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza