Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2021 Páx. 5301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0054-2020 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do medio rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2021

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0054-2020 BIO.

DNI denunciada: 10901169C.

Acto de notificación: proposta de resolución.