Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2021 polo que se notifica a imposición dunha quinta multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/79/2012.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de decembro de 2020, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 3.4.2014, 6.4.2015, 27.10.2016, 5.4.2019 e 5.2.2020 nas que se declaran ilegalizables as obras consistentes na construción de varias edificacións complementarias e auxiliares da edificación principal destinada a vivenda unifamiliar, no lugar de Bravos, A Uceira, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente e se ordena a súa demolición.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Josefina Altagracia Santos Matos, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística