Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 4980

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de setembro a decembro do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2020

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento de accións de sensibilización e formación fronte á violencia de xénero e o apoio ás súas vítimas

15.10.2020

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento de actuacións de concienciación e sensibilización sobre a violencia de xénero incluídas no proxecto Mulleres en construción

15.10.2020

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

15.10.2020

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para o desenvolvemento de accións de prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero

15.10.2020

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) para o mantemento do servizo Dedaleira, especializado en información e asesoramento afectivo-sexual para as mulleres con discapacidade e a súa contorna

26.10.2020

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do proxecto Malaikas para o empoderamento de mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social

26.10.2020

35.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, para o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero e atención ás súas víctimas

27.10.2020

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación de Persoas Diagnosticad@s de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) para o desenvolvemento de actuacións de atención e asesoramento socioasistencial para mulleres vítimas de violencia de xénero

27.10.2020

15.000€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Asociación Aliad-Ultreia para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

28.10.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

28.10.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

28.10.2020

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

28.10.2020

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

29.10.2020

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

29.10.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Cáritas Diocesana de Ourense para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

2.11.2020

7.000€

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Accem para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

3.11.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e Médicos do Mundo para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

3.11.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación Ecos do Sur para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

4.11.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

4.11.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e HH Oblatas de Ferrol para o desenvolvemento de accións de información, prevención, sensibilización, atención e apoio a vítimas de violencia sexual e trata, preferentemente inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia

5.11.2020

4.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e o Concello de Lugo para o mantemento dun centro de acollida para a atención a mulleres vítima de violencia de xénero dependente do concello

26.11.2020

49.950 €