Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 27 de xaneiro de 2021 Páx. 5078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 13 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o depósito do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado LAT 132 kV Sub. PE Carracedo-Ap. número 16 LAT 132 kV Ap. número 35 LAT Sub. Mondoñedo-Sub. Meira a Sub. PE Farrapa I, Farrapa II, Neda (expediente IN407A 2017/2-0).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícase ás persoas interesadas o acto sinalado no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, logo de solicitude de cita no telefono 982 88 90 60, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Lugo, 13 de xaneiro de 2021

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Álvaro Rodríguez Vázquez
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/2-0.

Acto notificado: depósito do prezo xusto pola expropiación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado LAT 132 kV Sub. PE Carracedo-Ap. nº 16 LAT 132 kV Ap. nº 35 LAT Sub. Mondoñedo-Sub. Meira a Sub. PE Farrapa I, Farrapa II, Neda.

Interesados

Trámite

Remedios Seco Paz

Notificación depósito prezo xusto

Herdeiros de Atilano Seco Paz

Notificación depósito prezo xusto