Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 11/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 11/2020, por instancia de Delfina Alcalde Lojo contra os executados José Ces Alcalde, S.L. (cuxa denominación actual é Servicios de Automoción Cimadevila, S.L.) e Óscar Pérez López, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou con data do 22 de decembro de 2021 decreto de insolvencia no sentido de declarar os executados en situación de insolvencia parcial por un total de 97.704,27 euros en concepto de principal (79.778,63 euros, en concepto de indemnización, e 12.397,69 euros, en concepto de salarios pendentes de pagamento, e responden solidariamente ambas as dúas empresas da contía de 5.527,95 euros netos como cantidades debidas en concepto de diferenzas retributivas), máis 2.650,06 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas. Insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no diario ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza