Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 2021 Páx. 4507

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 10 de decembro de 2020 de premios da especialidade de poesía do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 135, do 8 de xullo de 2020, publícase a Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento BS310Q), cuxo procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O 10 de decembro de 2020, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de poesía do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e a relación definitiva de premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 15 e 19 da referida Orde do 22 de xuño de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es, con carácter complementario.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de decembro de 2020, ditada no procedemento BS310Q, concesión de premios da especialidade de poesía do programa Xuventude Crea no ano 2020 e na páxina web http://xuventude.xunta.es.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 10 de decembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 22 de xuño de 2020, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que xulgue oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 22 de xuño de 2020, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como autorizar a edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución de premios da especialidade de poesía do programa Xuventude Crea
no ano 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante a Orde da Consellería de Política Social do 22 de xuño de 2020 (DOG núm. 135, do 8 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e convócanse para o ano 2020.

Nos seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Poderanse outorgar mencións de honra que carecerán de dotación económica.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de poesía asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite e as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I os premios da especialidade de poesía do programa Xuventude Crea no ano 2020 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10.

Segundo. Publicar no anexo II a relación de solicitudes que non obtiveron premio e no anexo III as solicitudes excluídas.

Terceiro. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020. A conselleira de Política Social, P.D. (Orde do 22.6.2020; DOG núm.135, do 8 de xullo); Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas premiadas

Especialidade de poesía

Programa Xuventude Crea 2020

1º premio 3.000 €.

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/350-0

Ciro Fernández Briones

***2461**

Rosa dos ventos

A bóveda do ceo

2º premio 1.500 €.

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/039-0

Alba Ermida Area

***1989**

Vidis

Bechiños

3º premio 1.000 €.

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

BS310Q 2020/321-0

José Ismael Ramos Castelo

***0952**

Esvoazar

As lebres cando saltan

ANEXO II

Relación de solicitudes que non obtiveron premio

Especialidade de poesía

Programa Xuventude Crea 2020

Nº de expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE

Pseudónimo

BS310Q 2020/002-0

Sonia Rajo Macía

***7571**

Soramia

BS310Q 2020/019-0

Antía Verea González

***9467**

Linde

BS310Q 2020/029-0

Irene Penido Vázquez

***2558**

Azuzena

BS310Q 2020/032-0

Iria Lúa Abeijón Lorenzo

***0520**

Aura Noites

BS310Q 2020/034-0

Alba Figueroa Paniza

***0529**

Zinza

BS310Q 2020/040-0

Carlos Lixó Gómez

***8744**

E. Queiruga

BS310Q 2020/061-0

Vicente Vázquez Vidal

***0677**

Antonia Variada

BS310Q 2020/062-0

Ana Loureiro Sánchez

***4220**

Nuray

BS310Q 2020/063-0

Paula Antía Rey Baliña

***5363**

Hendiade

BS310Q 2020/064-0

Leticia Carrera Pérez

***0885**

Ledicia Monroe

BS310Q 2020/065-0

Navia Rivas de Castro

***5318**

Iria Fluvial

BS310Q 2020/088-0

Amanda Plaza Goris

***0561**

Demisletras

BS310Q 2020/093-0

Lara Hernández Iglesias

***9468**

Lucecú

BS310Q 2020/107-0

Marta Pernas Rodríguez

***0943**

Mp

BS310Q 2020/109-0

Daniela Furelos Fontela

***2890**

Pranah

BS310Q 2020/117-0

Lucas Torres Collazo

***1085**

Lucía Pereiro

BS310Q 2020/119-0

Gabriel Rivas Rodis

***0094**

Rieiro

BS310Q 2020/128-0

Paula Rodríguez Rey

***9266**

Proserpina

BS310Q 2020/129-0

Fabián Freijedo Fariñas

***9887**

Vestiario

BS310Q 2020/137-0

Xavier Simón Montero

***8716**

Amorodo

BS310Q 2020/138-0

Mª del Carmen Alkayali Freire

***5317**

Lilaila

BS310Q 2020/150-0

Laura López Esteban

***8495**

Némesis

BS310Q 2020/155-0

Alejandro Rego Díaz

***5854**

Dobby

BS310Q 2020/188-0

Lúa Vila Blanco

***1873**

Lv

BS310Q 2020/189-0

Javier Merelas Meijide

***3889**

Marchou Noutrora

BS310Q 2020/190-0

Nuria Vilán Prado

***9676**

Pepi

BS310Q 2020/194-0

Manuela Pereira Enríquez

***0993**

Namu Nolaski

BS310Q 2020/200-0

Ainhoa Martínez Álvarez

***7511**

Am

BS310Q 2020/203-0

Mariña Pena Blanco

***9182**

Tarabela

BS310Q 2020/219-0

Pedro Aarón Álvarez Pérez

***9587**

Orde Caos

BS310Q 2020/232-0

Rebeca López Villar

***6064**

Setembro

BS310Q 2020/249-0

Pedro Rodríguez Villar

***9462**

Lano de Milda

BS310Q 2020/257-0

Leticia Vázquez Rodríguez

***1959**

Minerva

BS310Q 2020/263-0

Miguel Cavadas Docampo

***9747**

Vagalume

BS310Q 2020/265-0

Javier Gómez Lojo

***6226**

Claquervir

BS310Q 2020/269-0

Icía Vázquez Rodríguez

***1959**

Izzzia

BS310Q 2020/277-0

Nee Barros Fernández

***4509**

Puck

BS310Q 2020/285-0

Andrés Sanjurjo García

***5167**

Antón de Bahía

BS310Q 2020/291-0

Cristina María Fernández Mangana

***9247**

Miñoca

BS310Q 2020/310-0

Lara Rodríguez Armada

***6156**

Valquiria

BS310Q 2020/312-0

Inés Outumuro Rodríguez

***9857**

Poema Fósil

BS310Q 2020/319-0

Eva Antelo Mata

***9556**

Eba Maan

BS310Q 2020/323-0

Marcus Daniel Cabada Candal

***8060**

Olso Starring

BS310Q 2020/325-0

Raquel Fernández Reguera

***8329**

Rf

BS310Q 2020/327-0

Lucas Santiago Borges Díaz

***2106**

Kudo Regalia

BS310Q 2020/336-0

Iria Tarrío Pazos

***2260**

Alicia Abril

BS310Q 2020/346-0

Anxo Vidal Nogueira

***1503**

Don Fosfic

ANEXO III

Relación de solicitudes excluídas

Especialidade de poesía

Programa Xuventude Crea 2020

Nº de expediente

Nome e apelidos

Causa exclusión

BS310Q 2020/145-0

Tatiana Seijo Rodríguez

Non cumpre as condicións marcadas nas bases do premio. Ten máis de 100 versos.

S310Q 2020/126-0

Yeray González Rodríguez

Non cumpre as condicións marcadas nas bases do premio. Ten menos de 50 versos.