Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 25 de xaneiro de 2021 Páx. 4414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio de procedemento sancionador por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 23-11-2020/2.1.D e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber ás persoas interesadas que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOE para presentaren por escrito, en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que xulguen oportunas, documentalmente acreditadas, e dirixilas á oficina de emprego que lles corresponda.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, durante ese prazo, poderán comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles ás persoas interesadas que se, transcorrido o dito prazo, non achegan alegacións en tempo e forma, ditará a correspondente resolución esta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificarlles a resolución pertinente.

Lugo, 11 de xaneiro de 2021

O/a xefe/a territorial de Lugo
P.A. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Jessica Lisseth García Zarate

23-11-2020/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Sarria

2

Constantin Vasilache

13-11-2020/2.1.D

Inicio de procedemento sancionador

Guitiriz