Marta de la Rubia Almuiña, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente
Anuncio: xuízo verbal 938/2018.
Que neste órgano xudicial se seguen autos de xuízo verbal 938/2018 por instancia de Óscar Miletich López, representado polo procurador José Francisco Vaquero Alonso, fronte a Óscar Seco Gallego, Daniela Despina e José Ignacio Marco Preto, e ditouse a Sentenza número 134/2020, do 20 de outubro de 2020, a cal non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta).
O orixinal figura neste xulgado para coñecemento da demandada.
E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Ignacio Marco Preto e para que sirva de notificación en legal forma a este, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Vigo, 19 de outubro de 2020
A letrada da Administración de xustiza