Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos hidráulicos nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013, cómpre dar publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo de internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de Transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos:

a) Título: elaboración e creación dun plan estratéxico de divulgación das Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) da Demarcación Hidrográfica Galicia Costa).

Clave do expediente: GA.20081.

CPV (referencia de nomenclatura): 71356300-1 (servizos de apoio técnico).

Orzamento base: importe neto: 14.994,00 euros. Importe total: 18.142,74 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.210,00 euros. Importe total: 9.934,10 euros.

Empresa contratista: Idea Creatividad y Comunicación, S.L.

b) Título: desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da reanudación do contrato de obra «OH.136.1115 Implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e Con (Pontevedra)».

Clave do expediente: GA.20085.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

Orzamento base: importe neto: 2.945,25 euros. Importe total: 3.563,75 euros.

Prazo de execución: 5 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 2.326,75 euros. Importe total: 2.815,37 euros.

Empresa contratista: Applus Norcontrol, S.L.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 5 «promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos»; prioridade de investimento 5.2 «fomento do investimento para abordar os riscos específicos, garantía de resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvemento de sistemas de xestión de catástrofes»; obxectivo específico 5.2.1 «fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil»; actuación 5.2.1.4 (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operacións (CPSO) «medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa». Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia