Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 239/2020-C que se segue no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

O Servizo de Persoal do Concello de Ourense recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, polo que se require o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 239/2020-C, interposto pola representación procesual da CSIF, contra a aprobación da oferta de emprego pública ordinaria para o ano 2020 do Concello de Ourense, publicada no BOP núm. 192, do 22 de agosto de 2020 e DOG núm. 171, do 25 de agosto de 2020.

En consecuencia, esta concellería acordou, nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de xaneiro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 29.9.2020)
Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos