Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 347/2020, interposto contra a desestimación presunta do recurso de alzada fronte á Resolución do 30 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019, pola que se dá publicidade da lista de persoas aspirantes que resultaron aptas no cuarto exercicio (probas psicotécnicas).

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 347/2020, interposto por Manuel Casanova Cudeiro contra a desestimación presunta do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 30 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 pola que se dá publicidade á lista de persoas aspirantes que resultaron aptas no cuarto exercicio (probas psicotécnicas).

En consecuencia, esta Secretaría Xeral Técnica acordou, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo