Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 21 de xaneiro de 2021 Páx. 3770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a construción dun novo vertedoiro de escouras no Complexo Medioambiental de Cerceda (expediente 2020-IPPC-M-145).

Para os efectos previstos no artigo 15 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de este anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada pola Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) para solicitar a modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a construción dun novo vertedoiro de escouras no Complexo Medioambiental de Cerceda, co fin de que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama).

NIF: A15379803.

Domicilio social e localización: Morzós, núm. 10, As Encrobas, 15187 Cerceda, A Coruña.

Modificación solicitada: execución dun novo vertedoiro de residuos non perigosos para verter as escouras producidas na planta termoeléctrica.

Epígrafe de actividade (modificación da autorización ambiental integrada): anexo I, 5.5).

Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo I, grupo 8.c).

Descrición da modificación:

A empresa pretende realizar un novo vertedoiro de escouras nunha única fase de execución e 3 vasos de vertedura separados por camallóns. A área ocupada ten unha superficie total de 34.400 m² e unha capacidade de vertedura de residuos de 439.376 m³.Considerando unha entrada de 62.000 t/ano de escouras, a vida útil estímase de 12 anos.

Verteduras:

Os lixiviados sairán por gravidade de cada vaso mediante a rede de lixiviados cara ás balsas de almacenamento antes do seu tratamento na depuradora fisicoquímica.