Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 217/2019 deste xulgado do social se ditou sentenza con data do 4 de setembro de 2020, podendo interpoñer o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das devanditas resolucións na Secretaría deste órgano xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Industria Galega Posvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 16 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza