Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3202

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no terceiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade da seguinte relación de convenios que se incorpora como anexo a esta resolución:

– Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2020

Data da sinatura

Descrición

Importe total

7.9.2020

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar do Condado e Paradanta para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar.

5.974,74 €

7.9.2020

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a Agrupación Deportiva Escolar Val Miñor para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar.

5.476,85 €

9.10.2020

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a execución das obras de conservación do Club de Remo.

20.000,00 €

15.10.2020

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Portas para a execución das obras de construción de dúas pistas de pádel na Azucareira.

29.000,00

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Laxe para a execución das obras de reformas varias no complexo deportivo.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a execución das obras de actuacións de reordenación do espazo exterior do pavillón Alonso Rodríguez.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Noia para a execución das obras de conservación do Club de Remo.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Avión para a realización de melloras e reparacións na piscina municipal.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Friol para o proxecto básico e de execución de substitución da cuberta e mellora das instalación do pavillón polideportivo C.P.I. Dr. López Suárez.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Boimorto para a execución das obras de substitución de pavimentos e melloras na piscina municipal.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Viveiro para a execución das obras de reforma de instalación de iluminación no campo de fútbol municipal.

Sen importe económico

15.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pontecesures para a redacción do proxecto básico e de execución de mellora e ampliación do edificio do Club Náutico de Pontecesures.

Sen importe económico

16.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente para a execución das obras de substitución do material de cubrición no pavillón municipal de Crecente.

Sen importe económico

16.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín para a execución das obras da instalación dunha pista de pádel.

Sen importe económico

16.10.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Portomarín para a execución das obras de instalación de rede de protección no campo de fútbol.

Sen importe económico

13.11.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Ordes para a execución das obras de construción dunha pista de lanzamento de xavelina na cidade deportiva Vista Alegre.

Sen importe económico

13.11.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Trazo para a execución das obras de mantemento e mellora dos vestiarios do polideportivo de Viaño Pequeno.

Sen importe económico

30.11.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e o Concello de San Amaro para a realización das obras de construción dun campo de fútbol de herba artificial no Ferradal, en San Amaro.

Sen importe económico

30.11.2020

Addenda ao Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Portas para a execución das obras de construción de dúas pistas de pádel na Azucareira.

Sen importe económico