Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0017/2020 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 4 de xaneiro de 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

Acto notificado

Acto adoptado por

ANP-PO-0017/2020

Israel Jacobo Martínez Bejarano

Proposta

O instrutor

ANP-PO-0029/2020

Adrián Rivas Castro

Proposta

O instrutor

ANP-PO-0037/2020

Sebastián Piedrahita Cocuy

Proposta

O instrutor

ANP-PO-0038/2020

Yolanda Buceta Martínez

Proposta

O instrutor

ANP-PO-0044/2020

Isaac de la Peña Lamas

Incoación

O xefe territorial

ANP-PO-0075/2020

Vanesa Tenreiro González

Incoación

O xefe territorial

ANP-PO-0079/2020

Juan Carlos Alonso Pérez

Incoación

O xefe territorial