Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 20 de xaneiro de 2021 Páx. 3229

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para ser executada durante os anos 2021 e 2022.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 14 de decembro de 2020, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar o servizo de asistencia técnica no seguimento e avaliación dos novos retos do desenvolvemento local participativo polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMP 2014-2020.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución, polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, de accións de apoio á Consellería do Mar en materias relacionadas coa adaptación e aplicación dos novos retos do desenvolvemento local participativo polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2022.

– Financiamento: tramitouse cono anticipado de gasto con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia na aplicación orzamentaria 15.02.723A.604.1, código do proxecto 2016 00287, e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar