Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despedimento obxectivo individual baixo o número 279/2020, en que figura como interveniente Servicios de Seguridad Integral A1, no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 1 de febreiro de 2021, ás 13.25 e ás 13.30 horas, respectivamente.
Ao encontrarse a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza