Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3048

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (380/2020).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 380/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Rodríguez Borge contra Enercom Noroeste, S.L. sobre despedimento, se ditou Sentenza con data do 15 de decembro de 2020, dirixida a Enercom Noroeste, S.L., contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Enercom Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza