De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle o emprazamento á empresa que se relaciona no anexo, como colaboradora de Nedgia Galicia, S.A. na provisión de subministración de gas natural, para que poda comparecer e presentarse ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, no procedemento ordinario PO 339/2019, polo recurso interporto por Nedgia Galicia, S.A. contra a resolución en materia de gas (IN635B 2018/10-4), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A empresa dispón dun prazo de 9 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para poder comparecer e presentarse no auto citado, nas oficinas do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, sitas na rúa das Hortas, Pontevedra.
Pontevedra, 2 de decembro de 2020
Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Acto notificado: emprazamento.
Empresa emprazada: Realiza Consultoría Comercial, S.L.
NIF: B94132917.
Expediente xulgado: procedemento ordinario PO 339/2019.
Expediente administrativo: Reclamación gas IN635B 2018/10-4.