Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 22/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán, Manuel Cerdeira Campos contra a empresa Maderas Galifor, S.L., sobre despedimento, se ditou no día da data decreto de insolvencia impugnable en revisión no prazo de tres días, o cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Galifor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza