Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 2021 Páx. 3062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 415/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase despedimento/cesamentos en xeral, baixo o número 415/2019, en que figura como interveniente Lucxu World, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 25 de xaneiro de 2021, ás 10.25 e ás 10.30 horas, respectivamente.

Ao encontrarse a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e a protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza