Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castroverde

ANUNCIO de convocatoria para a provisión en propiedade, por promoción interna, dunha praza de administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 289, do 17 de decembro de 2020, foron publicadas integramente as bases que van regular a convocatoria para prover, por promoción interna, unha praza de administrativo pertencente ao persoal de funcionarios de carreira, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C1, a través do proceso selectivo de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Castroverde, 22 de decembro de 2020

Xosé Mª Arias Fernández
Alcalde