Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2601

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 16 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de unidades formativas dirixidas á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas para o período 2019-2021, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á primeira convocatoria, correspondente aos exercicios 2019-2020 (Diario Oficial de Galicia número 185, do 30 de setembro).

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, DOG núm. 121, do 25 de xuño, dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Mediante a Orde do 16 de setembro de 2019, DOG núm. 185, do 30 de setembro, establecéronse as bases reguladoras do Programa de unidades formativas dirixidas á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas para o período 2019-2021, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa primeira convocatoria, correspondente aos exercicios 2019-2020.

A dita Orde do 16 de setembro de 2019 ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de unidades formativas dirixidas á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, procedemento TR310A, cuxa vixencia comprenderá entre a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e o 31 de outubro de 2021, período durante o cal poderán efectuarse diversas convocatorias que se rexerán por elas.

Asemade, esta orde ten por obxecto proceder á primeira convocatoria do procedemento TR310A, co obxecto de financiar accións formativas que se executen no período comprendido entre o 1 de agosto de 2019 e o 31 de outubro de 2020.

Estes prazos ampliáronse mediante a publcación da Orde do 8 de maio de 2020, DOG núm. 93, do 14 de maio, pola que se modifican parcialmente determinados prazos das bases reguladoras e ordes de convocatoria de subvencións no ámbito da formación profesional para o emprego, como consecuencia da situación creada pola evolución da epidemia do COVID-19.

A finalidade deste programa de incentivos é mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos da economía galega, contribuíndo a mellorar a competitividade das empresas que operan nestes sectores identificados como estratéxicos

Poden ser entidades beneficiarias das axudas reguladas na dita orde as empresas privadas con centro de traballo en Galicia, calquera que for a forma xurídica que adopten, agás as persoas traballadoras por conta propia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde.

Tamén poderán ser entidades beneficiarias as agrupacións de empresas que deberán estar constituídas, como mínimo, por 2 empresas con necesidades formativas similares, de tal modo que así se poida alcanzar o número mínimo de alumnado participante que se establece nestas bases. O tamaño máximo da agrupación será de 10 empresas.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece no seu artigo 5.2 que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos cales se axusta esta disposición.

O financiamento das axudas previstas na primeira convocatoria efectuouse con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.323B.471.0, co código de proxecto 2016 00329.

O crédito, desagregado por anualidade, recóllese na seguinte táboa:

Convocatoria

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2019 (€)

Anualidade 2020 (€)

Importe total

Primeira

09.41.323B.471.0

2016 00329

1.000.000,00 €

4,000,000,00 €

5,000,000,00 €

A relación de subvencións concedidas e entidades beneficiarias, ordenadas por convocatoria e código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2020

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación

ANEXO

Primeira convocatoria.

Expediente

Entidade

CIF

Aplicación orzamentaria

Importe concedido

TR310A-2019/000033-0

Peugeot Citroen Automóviles España, S.A.

A36602837

09.41.323B.471.0

1.787.342,00 €

TR310A-2019/000031-0

Proymaes, S.L.

B94120136

09.41.323B.471.0

6.050,00 €

TR310A-2019/000028-0

JJ Chicolino

CFIC005398

09.41.323B.471.0

12.050,00 €

TR310A-2019/000027-0

JJ Chicolino

CFIC005398

09.41.323B.471.0

16.550,00 €

TR310A-2019/000022-0

Galipol, S.L.

B36825826

09.41.323B.471.0

16.112,50 €

TR310A-2019/000020-0

Agrupación temporal de empresas sin personalidad jurídica [CFIC001004]

CFIC001004

09.41.323B.471.0

33.881,50 €

TR310A-2019/000018-0

Congalsa, S.L.

B15269392

09.41.323B.471.0

98.400,00 €

TR310A-2019/000016-0

Qubitia Solutions, S.L.

B94049624

09.41.323B.471.0

1.440,00 €

TR310A-2019/000014-0

Ledisson A-IT, S.L.

B27798008

09.41.323B.471.0

23.750,00 €

TR310A-2019/000013-0

Ledisson A-IT, S.L.

B27798008

09.41.323B.471.0

23.750,00 €

TR310A-2019/000012-0

Ledisson A-IT, S.L.

B27798008

09.41.323B.471.0

23.750,00 €

TR310A-2019/000011-0

Ledisson A-IT, S.L.

B27798008

09.41.323B.471.0

23.750,00 €

TR310A-2019/000010-0

Calderería Naval de Miñor

B36840692

09.41.323B.471.0

31.687,50 €

TR310A-2019/000009-0

Tym Ganain, S.L.

B36840684

09.41.323B.471.0

77.400,00 €

TR310A-2019/000003-0

Industrial de Acabados, S.A.

A33606534

09.41.323B.471.0

56.785,00 €

TR310A-2019/000002-0

Varaderos de Cillero, S.L.

B27040500

09.41.323B.471.0

3.500,00 €