Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0167/2020 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avda. María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 28 de decembro 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Acto adoptado por

CON-PO-0167/2020

Carlos Calvo Paulos

Proposta

A instrutora

CON-PO-0245/2020

Jose Luis Martínez Otero

Proposta

A instrutora

CON-PO-0267/2020

Ezequiel Bevilacqua Brechbuhler Trabado

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0278/2020

Gloria Artiaga Valls

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0280/2020

Sergio Palos Vázquez

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0291/2020

Susana de la Fuente Pérez

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0293/2020

Amanda Prol Moldes

Incoación

O xefe territorial

CON-PO-0299/2020

Antonio Ríos Cortegoso

Incoación

O xefe territorial