Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 250/2017).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 250/2017, por instancia de Rebeca Munín Oliveira, contra a executada Cristina Márquez Aparicio, sobre despedimento, foi pronunciado o día 14.12.2020 decreto de insolvencia no senso de declarar a executada en situación de insolvencia total, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza