Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de decembro de 2020, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos de usuarios número 6 e número 19 no dominio público portuario de Lorbé.

Ao quedaren dispoñibles no porto de Lorbé os departamentos nº 6 e nº 19, no dominio público portuario de Lorbé, ábrese a convocatoria pública para a súa ocupación no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, do portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as solicitudes, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, nas oficinas da Zona Centro do ente público empresarial Portos de Galicia, sitas na avenida do porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, ou na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pero en todo caso deberán acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 23 de decembro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro