Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2500

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 21 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Advertido un erro na antedita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 256, do 22 de decembro de 2020, procede efectuar a seguinte corrección:

No punto segundo, na páxina 50248, onde di: «Reabrir o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes de participación neste proceso», debe dicir: «Reabrir o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para a presentación de solicitudes de participación neste proceso, nas especialidades que se indican no anexo, agás en medicina preventiva e saúde pública, medicina do traballo e xeriatría; especialidades estas últimas que non modifican o número de prazas convocadas como consecuencia da aprobación do Decreto de oferta de emprego público de persoal estatutario para o ano 2020».