Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas (expediente 7796/2019).

Ao non ser posible a práctica da notificación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se ordena a xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 21, 22 e 23 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a súa modificación efectuada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e a concesión do trámite de audiencia polo prazo de quince días durante os cales poderán os interesados alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden oportunas.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, están ao dispor dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Núm. expediente

Referencia catastral

Situación

Titular catastral

7796/2019

Polígono 59, parcela 1344 27067A059013440000XX

As Penas, lugar de Malló, parroquia de Galdo, Viveiro, Lugo

Francisco Doval Martínez (descoñécese NIF)

Polígono 59, parcela 1565 27067A059015650000XR

As Penas, lugar de Malló, parroquia de Galdo, Viveiro, Lugo

Propietario en investigación

Viveiro, 17 de decembro de 2020

María Loureiro García
Alcaldesa