Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2160

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1793/2020 RMR).

TIPO e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1793/2020

Xulgado de orixe/autos: SSS seguridade social 414/2019 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Recorrido/s: Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Hotel Ruta das Termas, S.L.

Avogado: Guillermo Amigo Estrada,

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1793/2020 seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de contra o INSS e otros sobre reintegro de prestacións, foi pronunciada a seguinte resolución:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a Sentenza do 23 de outubro de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en autos seguidos por instancia de Fremap, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra as entidades recorrentes e a empresa Hotel Ruta Das Termas, S.L., sobre reintegro de prestacións derivadas de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación a Hotel Ruta Das Termas, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Valle Inclán, núm. 35, 32004 Ourense, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza