Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 1918

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial da Coruña ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiadas en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas a asociacións de nais e pais de alumnado (ANPA) legalmente constituídas e a federacións ou confederacións de ANPA, dos centros educativos sustentados con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes, e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPA e á comunidade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

As accións subvencionables ao abeiro desta convocatoria son a realización de programas e actividades de difusión, información e formación para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero, que realicen as ANPA, federacións e confederacións de ANPA, dirixidos ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias e á comunidade educativa, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 30 de novembro de 2020, e que respondan a algunha ou algunhas das seguintes tipoloxías previstas nas medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do eixe 1:

a) Escolas de pais e nais e/ou formación para as familias en temas de igualdade, de educación afectivo-sexual (aspectos fisiolóxicos e afectivo-emocionais) e sobre a violencia de xénero.

b) Elaboración de materiais informativos para nais e pais, que lles axuden a detectar a violencia de xénero de que poden ser vítimas ou agresores as súas fillas ou fillos adolescentes.

c) Realización de accións de formación, sensibilización e difusión contra a cousificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas.

d) Formación para pais e nais e/ou para mozas e mozos sobre o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.).

e) Accións de formación coas familias e/ou alumnado sobre novas masculinidades para romper cos micromachismos e cos comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos.

f) Outras accións de formación e información para nais e pais que sensibilicen as familias sobre os estereotipos persistentes na sociedade e tamén no eido educativo e sobre pautas para previr a violencia de xénero ou para detectala, e que se dean a coñecer entre as familias os protocolos existentes nos casos de agresións ou violencia contra as mozas.

Crédito orzamentario: para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por importe total de catrocentos mil euros (400.000 €), con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2, código de proxecto 2018 00112, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria do ano 2020

CIF

Entidade beneficiaria

Programa proposto

Importe

concedido

G15059413

ANPA López Ferreiro CEIP López Ferreiro

Cambiemos a narrativa

4.000,00 €

G15543242

Fanpa Ferrol e Comarca Concepción Arenal (conxunta)

II Xornadas escolares pola eliminación da violencia de xénero

7.000,00 €

G15148588

ANPA Virxe de Guadalupe IES Félix Muriel

Conectad@s pola igualdade

4.000,00 €

G15649478

ANPA O Badal CEIP de Toques

Educación en igualdade

2.000,00 €

G15418825

ANPA O Burgo Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Música e igualdade. Composi(todas)

856,00 €

G70552351

ANPA O Forte CEIP nº 1 Melide

Educación en igualdade

3.748,13 €

G15411143

ANPA San Isidro CPI dos Dices

Programa Igualdade-Secundaria

3.872,00 €

G15416563

ANPA do CPI Camiño de Santiago

Apoderamento feminino

3.388,00 €

G70416557

Confederación ANPA Galegas (conxunta)

Axendas contra a violencia

7.000,00 €

G70222195

Federación Galega de ANPA Compostela (conxunta)

Fotografías pola igualdade

7.000,00 €

G15884182

ANPA Agarimo CEIP María Barbeito

Feira de igualdade en familia

4.000,00 €

G15036122

ANPA do CEIPP de Palmeira

SI449B

3.942,18 €

G15436090

ANPA Fontenla CEIP Fontiñas

Beber nas fontes da igualdade

3.220,28 €

G15367121

ANPA O Fopo CPI Ponte Carreira

Educando pro-igualdade

4.000,00 €

G70366588

Federación provincial de ANPA da Coruña-Costa da Morte (conxunta)

ConCiencia igualdade 2020

7.000,00 €

G15219728

ANPA Faro CEIP Víctor López Seoane

Cambiemos as narrativas

3.000,00 €

G15215072

ANPA Ponte Romana CEIP Santa María (conxunta)

Igualdade nas Pontes 2020

7.000,00 €

G15148604

ANPA CPR Santiago Apóstolo

SI449B Axudas ANPA Igualdade

4.000,00 €

G15786684

ANPA Irmáns Insua CRA Rianxo

Proxecto Coidarnos

3.999,20 €

G15058126

ANPA Ayala CPR Ayala

A violencia contra as mulleres na música

4.000,00 €

G15357742

ANPA Ricardo Tobío CEIP Ricardo Tobío

Debuxamos portas violetas

4.000,00 €

G15256837

ANPA Brexo Lema CEIP Emilio González López

Programa igualdade Brexo-Lema 2020

3.569,50 €

G15140486

ANPA As Brañas CEP de Ventín

Traballando pola igualdade

3.000,00 €

G15370273

ANPA Castro Baxoi CPI Castro Baxoi

Miño prevención II de violencia de xénero e promoción da igualdade

2.969,10 €

G15453061

ANPA Balea CEIP Caión

Igualdade, prevención

4.000,00 €

G70020862

ANPA Acio CPR Andaina

Programa de igualdade e educación

3.064,00 €

G15308430

ANPA Cristo Rei Ferrol

Batalla de galos contra a violencia de xénero

4.000,00 €

G15059199

ANPA Manuel Murguía CEIP Galán-Oseiro (conxunta)

Programa de promoción da igualdade

5.500,00 €

G15536295

ANPA San Vicente de Cespón

Programa de actividades de igualdade

2.494,42 €

G15650815

ANPA Sarela CEIP Raíña Fabiola

Proxecto Esquío

3.993,50 €

G15201759

ANPA Eduardo Sanjurjo CEIP Sanjurjo de Carricarte

O Sanjurjo con lentes violetas

4.000,00 €

G15357767

ANPA San Mauro CEIP de Barouta

Embarouta-t co feminismo

4.000,00 €

B15467368

ANPA Cerne de Galicia CEIP Martagona

Igualdade e prevención da violencia machista

4.000,00 €

G15407596

ANPA Eume CEIP Couceiro Freijomil

Medrando en igualdade

4.000,00 €

G15906241

ANPA La Laguna CEIP Ría do Burgo

Obradoiros igualdade familias e nen@s

4.000,00 €

Total concesión

143.616,31 €