Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 1864

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 237/2020, do 29 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, puntos quilométricos 0+000-18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de baixa IMD mellorada, treito 0+000-9+400, de clave LU/16/075.10.1, nos concellos de Friol e Palas de Rei.

Antecedentes:

Primeiro. O día 19 de febreiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 35) o Anuncio do 11 de febreiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, puntos quilométricos 0+000-18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de baixa IMD mellorada. Treito: 0+000-9+400, de clave LU/16/075.10.1, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Tras a análise dos informes, alegacións e certificados presentados, o 15 de decembro de 2020 apróbase o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción de adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, puntos quilométricos 0+000-18+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de baixa IMD mellorada. Treito: 0+000-9+400, de clave LU/16/075.10.1

O presente proxecto ten por obxecto definir de forma precisa as actuacións necesarias para adaptar a estrada LU-231, Friol-A Baiuca, puntos quilométricos 0+000-18+700 (enlace autoestrada A-54) aos condicionantes establecidos no Plan de baixa IMD mellorada, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 9+400.

As actuacións desenvólvense na estrada de titularidade autonómica LU-231, que no treito considerado discorre polos concellos de Friol e Palas de Rei, e pasan por unha ampliación da plataforma da estrada ata un ancho de 8 metros e suavizando lixeiramente o seu trazado nas curvas máis pronunciadas.

Realizarase, tamén, a reposición do pavimento nas zonas necesarias afectadas polas obras, así como a reposición e ampliación da drenaxe lonxitudinal e transversal, de ser preciso, pola ampliación da plataforma.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de decembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción: adaptación da estrada LU-231, Friol-A Baiuca, puntos quilométricos 0+000-8+700 (enlace autoestrada A-54) ao Plan de baixa IMD mellorada. Treito: 0+000-9+400, de clave LU/16/075.10.1.

Santiago de Compostela, vinte e nove de decembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade