Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial, sita na rúa Durán Loriga, número 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

A Coruña, 21 de decembro de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. solicitude

DNI/NIE/PAS

Fecha do requirimento

38156

FP845136

7.9.2020

41241

UY9858015

19.11.2020

41233

Y5328896V

24.11.2020

41351

A01841830

24.11.2020

40885

116341039

24.11.2020

40884

7020502

24.11.2020

41389

18AA79648

24.11.2020

41506

C238710

4.12.2020

41820

056705462

25.11.2020

41719

K613822

1.12.2020

42145

AV819742

14.8.2020

42355

AN880150

11.12.2020

42424

I635518

11.12.2020

44964

AV673873

10.11.2020