Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1541

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Lugo ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario, entidade beneficiaria, contía e finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: para financiar as axudas previstas nesta convocatoria destínase un importe total de douscentos trinta mil euros (230.000 €), coa seguinte desagregación: oitenta mil euros (80.000 €) correspondentes á liña 1, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, e cento cincuenta mil euros (150.000 €) correspondentes á liña 2, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313D.480.2, código do proxecto 2018 00112, do orzamento vixente deste departamento.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación
das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2020

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G27482280

Asociación de axuda á integración social Con.ti.go

Liña 1

3.000,00 €

G27212281

Amuraxe

Liña 1

2.250,00 €

G27179134

Asociación de mulleres rurais Agarimo de Santaballa

Liña 1

962,34 €

G27130103

Asociación de viúvas Carmiña Prieto Rouco

Liña 1

509,09 €

Total liña 1

6.721,43 €

G27441153

Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

Liña 2

5.000,00 €

G27468917

Mujeres en Igualdad de Cervo (Cermei)

Liña 2

5.000,00 €

G27359702

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Liña 2

3.574,07 €

G27207117

Asociación familiar de amas de casa de Ribadeo

Liña 2

4.925,00 €

G27166362

Asociación As Anguieiras

Liña 2

444,00 €

Total liña 2

18.943,07 €