Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1546

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Pontevedra ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario, entidade beneficiaria, contía e finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: para financiar as axudas previstas nesta convocatoria destínase un importe total de douscentos trinta mil euros (230.000 €), coa seguinte desagregación: oitenta mil euros (80.000 €) correspondentes á liña 1, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, e cento cincuenta mil euros (150.000 €) correspondentes á liña 2, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313D.480.2, código do proxecto 2018 00112, do orzamento vixente deste departamento.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación
das mulleres (SI437A)
Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2020

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G36380301

Asociación de Diagnosticados de Cáncer de Mama (Adicam)

Liña 1

3.000,00 €

G36228054

Asociación Mulleres Rurais Os Borrizos

Liña 1

1.250,50 €

G36928646

Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

Liña 1

3.000,00 €

G36657336

Asociación de Mulleres Progresistas de Vigo

Liña 1

3.000,00 €

G36386175

Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña

Liña 1

730,00 €

G36015485

Asociación de Amas de Casa e Consumidores O Noso Lar

Liña 1

2.077,92 €

G36837433

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

Liña 1

3.000,00 €

G94095098

Asociación para o crecemento e orientación en familia (Acrofam)

Liña 1

2.758,44 €

G27718907

Asociación Nós Mesmas

Liña 1

2.281,08 €

G15773013

Asociación CNG da Marcha Mundial das Mulleres

Liña 1

1.019,09 €

Total liña 1

22.117,03 €

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

Liña 2

5.000,00 €

G27712306

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

Liña 2

4.685,49 €

G36218220

Asociación de Mulleres Rurais Avelina Valladares

Liña 2

3.111,61 €

G36224947

Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa

Liña 2

2.071,62 €

G27826999

Asociación Empresarias de Galicia

Liña 2

5.000,00 €

G94159670

Asociación para o desenvolvemento integral e a promoción social Siéntete bien

Liña 2

3.471,52 €

Total liña 2

23.340,24 €