Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de decembro de 2020, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-04760-O-2019).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador número PO-04760-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditados á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se encontra á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da

persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-04760-O-2019

4492-BYD

71813497E

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

16.7.2019; 12.45.00; AP-9; 137,5

Art. 140.1 da LOTT Art. 141.25 da LOTT

Art. 143.1.k) da LOTT

Art. 143.1.f) da LOTT

Art. 143.1 da LOTT

801 euros