Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a José Cid y Otros, C.B. para a explotación porcina de porcos de ceba situada en Prado Grande-Cortegada, concello de Sarreaus (expediente 2019-IPPC-M-89).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Memoria de renovación de autorización ambiental integrada, José Cid y Otros, C.B.

para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-89.

Número da autorización ambiental integrada: 2006/0198_AIA/IPPC_178.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.b).

Titular: José Cid y Otros, C.B.

CIF: E32181653.

Enderezo social: lugar de Sandiás, s/n, concello de Sandiás (Ourense).

Localización da instalación: Prado Grande-Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: a explotación dispón de 5.240 porcos de ceba distribuídos en 5 naves. A instalación conta cun depósito de auga potable, silos para o almacenamento do penso e 2 turbos de calor móbiles alimentados con gasóleo para o acondicionamento da temperatura dos leitóns. Ademais, existe un conxunto de fosas interiores para o almacenamento do xurro producido na instalación.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e vestiarios son conducidas cara a unha arqueta de retirada do xurro da nave 1. As augas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores xunto co xurro producido, para seren xestionadas posteriormente co dito xurro. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

Unha parte do xurro xerado será valorizado como fertilizante en parcelas de uso agrícola e outra parte será recollido por un xestor autorizado.