Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1299

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2020 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 14 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2019/20.

Mediante a Orde do 14 de xullo de 2020 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2019/20, establecéronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 9 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. As persoas interesadas poderán formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Rematado este prazo, de acordo co establecido no artigo 12 das bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlles axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta orde e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I da Orde do 14 de xullo, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde da convocatoria do 14 de xullo de 2020 (DOG do 29 de xullo) constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Proposta de concesións

Apelidos

Nome

Centro educativo

Contía

Agra Prado

Paula

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

Alonso Pazos

Laura

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.125 €

Ananín Vázquez

Marta

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.125 €

Bernal Gómez

Cristina

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.985 €

Castro Currás

Cristina

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.485 €

Dopazo Sánchez

Sara

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.485 €

Fernández Gil

Miguel Antonio

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.985 €

Fernández Pombo

Brais

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

1.000 €

Fernández Silvosa

Cristina

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

1.325 €

Fontán Correa

María del Carmen

E.S. de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

1.155 €

García Castrillo

Yara

E.S. de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

330 €

Gómez Bouzada

Desirée

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.485 €

López Canay

Samuel

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

500 €

Marín Castro

Irene

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

1.325 €

Mariño Insua

Brais

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Martínez Rey

Ana

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Méndez Amor

Amanda

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Mínguez López

Sara

Conservatorio Superior de Música de Vigo

825 €

Olbes Corujo

María Lourdes

Conservatorio Superior de Música de Vigo

825 €

Ordóñez Valiña

Ana

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

500 €

Otero Fernández

Aldara

Conservatorio Superior de Música de Vigo

825 €

Outumuro Quintas

André

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.485 €

Pastoriza Cerviño

Alberto

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

500 €

Pena González

Michelle

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.485 €

Pérez Calvo

Andrea

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Presedo López

Alejandra

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

Puente-Dodd Álvarez

Saúl

Conservatorio Superior de Música de Vigo

500 €

Quintillán Guiance

Pablo

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

500 €

Rial Salgueiro

Óscar

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.630 €

Rodríguez Campelo

Lucía

Conservatorio Superior de Música da Coruña

1.985 €

Rodríguez Díaz

István

Conservatorio Superior de Música da Coruña

625 €

Rubines Miguéns

Martín

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

500 €

Ruso Pereiro

Judith

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

1.325 €

Sieiro Docampo

Clara

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.325 €

Suárez García

Laura

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

1.325 €

Trujillo Aguiar

Noel

Conservatorio Superior de Música de Vigo

1.755 €

Vérez Escudero

María

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

660 €

Vilchez Mercado

Jherry Yeltsin

Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo

825 €

Total

40.000 €