Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 28 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pérez Rúa, C.B., para unha explotación de ceba de porcos situada no concello de Sarreaus (expediente 2019-IPPC-M-68).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19.10.2013) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

Memoria ambiental para a renovación da autorización ambiental integrada de explotación porcina en Sarreaus-Ourense.

Clave: 2006/0030_NAA/IPPC.

Pérez Rúa, C.B.

para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

Os documentos estarán ao dispor dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-68.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2006/0030_AIA/IPPC_103.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Pérez Rúa, CB.

NIF: E32202855.

Localización da instalación: lugar Os Ribeiros, s/n, 32631 Sarreaus (Ourense). Referencia catastral da parcela: 32079A502103290000KI.

Actividade principal: explotación porcina de ceba de porcos.

Descrición: a explotación está formada por 3 naves para ceba de porcos e unha nave para xatos.

A explotación porcina conta actualmente con capacidade para 3.003 prazas para porcos e está previsto o desmantelamento de boxes a fin de contar cunha capacidade máxima para 2.884 prazas para porcos.

Na explotación lévase a cabo un plan de xestión do xurro baseado na valorización deste en parcelas agrícolas.

Vertidos: as augas de limpeza das instalacións son enviadas xunto cos xurros producidos na explotación ás fosas das dexeccións. O saneamento dos aseos condúcese a una fosa séptica para posteriormente ser enviadas a fosa de xurro. As cubertas das naves están provistas de canalón e baixante de PVC 125 mm para recollida das augas de chuvia; estas augas vértense nas cunetas do camiño público