Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 16 de decembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 15 de decembro de 2020, relativa á revisión parcial do esbozo do monte veciñal en man común Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal, pertencente á comunidade de montes vecinais en man común de Moreiras e Trelle, no concello de Toén.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense adoptou o seguinte acordo, baseándose nos feitos e consideracións legais que a seguir se expoñen:

Feitos:

Primeiro. Con data do 11 de xuño de 2019 a CMVMC de Moreiras e Trelle presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2019/1286057) dirixido á Xefatura Territorial de Ourense. Nel solicita ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común que inicie o procedemento para a revisión do esbozo do MVMC Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal, no concello de Toén.

Segundo. O día 20 de novembro de 2020 a CMVMC de Moreiras e Trelle presentou dous novos escritos no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2020/2257270 e nº 2020/2257403). Neles solicita a revisión de esbozo no referente á parcela denominada A Conchada, pertencente ao MVMC Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación: certificado da asemblea, documentación da revisión parcial do esbozo, arquivos tipo shp e arquivos shx.

Terceiro. Por último, o 23 de novembro de 2020 a CMCMV interesada presentou un novo escrito de modificación da solicitude no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2020/rx 2277189). Co mesmo achegou un informe de validación gráfica positivo de catastro coa nova reparcelación.

Cuarto. O Servizo de Montes elaborou unha proposta de revisión con data do 25 de novembro de 2020.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

O informe do Servizo de Montes do 25 de novembro de 2020 realiza as seguintes consideracións:

A revisión de esbozo realízase soamente dunha parte do MVMC Acecedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal, concretamente do predio que ten a denominación Conchada. As parcelas afectadas pola revisión teñen as seguintes referencias catastrais: 32082A07600265, 32082A07001000 (unha parte), DD0206000NG88D, DH0206000NG88D, 32082A07000071, 32082A07000074, 32082A07000048, 32082A07000047 (unha parte), 32082A07000046 (unha parte) e 32082A07009003 (unha parte).

A revisión do esbozo proposta polo Servizo de Montes é coincidente coa que figura na solicitude remitida pola CMVMC relativa á revisión da parcela denominada Conchada.

Coa revisión parcial do esbozo do MVMC Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal as estremas xerais que constan na carpeta-ficha a que fai referencia o acordo de clasificación non varían e, tendo en conta as características dos planos de clasificación, non se considera que varíe a súa superficie total mentres non se realice a revisión e/ou deslindamento da totalidade do perímetro do MVMC.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, de acordo coa proposta do Servizo de Montes do 25 de novembro de 2020, acordou por unanimidade o día 25 de novembro de 2020:

Aprobar a proposta de revisión do esbozo do monte veciñal en man común Acevedo, Porriño, Conchada, Bidueiros e Feal, pertencente á CMVMC de Moreiras e Trelle, no concello de Toén.

Ourense, 16 de decembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense