Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 20 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G competencia desta xefatura territorial (expediente 150133294 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, por causa non imputable á Administración, a través deste edicto notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas nos anexos emprazándoas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, andar 1º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento do contido íntegro das resolucións. Advírtese que, de non compareceren, se considerarán notificadas no vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este edicto publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase de que contra as resolucións, que esgotan a vía administrativa como consta nelas, poderán interpoñer demanda perante o xulgado do social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 20 de novembro de 2020

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data

34680598W

150133294

Desestimación

7.9.2020

47359451J

150058219

Desestimación

13.10.2020

ANEXO II

Procedemento BS650G

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data

33126327W

150097619

Estimación

28.9.2020

55043481L

150057717

Estimación

19.10.2020