A Fundación Barrié comunica a apertura do prazo de inscrición da 32ª convocatoria do Programa de bolsas de posgrao no estranxeiro. Esta convocatoria está dirixida a titulados universitarios vinculados a Galicia para a realización de estudos de máster en institucións de referencia en todo o mundo.
Datas prazo de inscrición: do 11 de decembro de 2020 ao 15 de febreiro de 2021.
Bases e inscrición en www.fbarrie.org
A Coruña, 11 de decembro de 2020
Juan Antonio Rioboo Lata
Interventor xeral da Fundación Pedro Barrié de la Maza Conde de Fenosa