De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que no anexo se indica porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez intentada esta, non se puido practicar.
Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste servizo, sito na rúa Sáenz Díez, 1, Ourense, e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 23 de decembro de 2020
Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense
ANEXO
Predio |
Obra |
Persoa interesada |
Acto notificado |
4 |
Mellora da seguridade viaria na OU-105 (Seixalbo), 2ª fase, de clave OU/18/094.06, no concello de Ourense |
Descoñecido |
Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data 26.1.2021, ás 16.30 horas. E convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data 23.3.2021, ás 16.30 horas. |
6 |
Remedios Ruas Lorenzo |