Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (tarxeta sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírteselles que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.
Vigo, 18 de decembro de 2020
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data requirimento |
44118 |
A860316 |
12.11.2020 |
44178 |
AU029428 |
10.11.2020 |
44384 |
D169602 |
17.11.2020 |