Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública o Plan básico municipal do Concello do Páramo (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 63 e 64 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a dita lei, os plans básicos municipais son os instrumentos de planeamento urbanístico que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral, e cuxa formulación, tramitación e aprobación corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Atendendo ao dito mandato normativo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acordou, mediante Resolución do 10 de decembro de 2020, aprobar inicialmente o Plan básico municipal do Concello do Páramo e sometelo a información pública.

En cumprimento do disposto nos artigos 64.3 da Lei 2/2016, do 10 febreiro, e 156.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública o Plan básico municipal do Concello do Páramo, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento en horario de oficina, con cita previa, e presentar alegacións, nas seguintes dependencias:

– Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Lugo (avenida Ramón Ferreiro, 28-1º, 27002 Lugo. Teléfono 982 29 43 96).

– Concello do Páramo (rúa Vilarmosteiro, 0 S-N, 27363 O Páramo (Lugo). Teléfono 982 53 91 56).

– Así mesmo, poderá consultarse o documento e achegarse por vía telemática as referidas alegacións, a través da seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Territorio_e_urbanismo_Planeamento_urbanistico?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2020

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo